O Ciclo Voces na Rúa rematou cun encontro de corais no Círculo das Artes

Como explicou Antón Bao, “Voces na rúa”, foi unha iniciativa da Área de Cultura da Deputación, que “recoñeceu e mostrou o traballo das corais e agrupacións lucenses ao tempo que se puxo en valor a música coral, e se deu a coñecer aos lucenses sacándoa á rúa”. Lembrou que “dende a Área de Cultura traballamos para impulsar a cultura nas súas diferentes expresións e nesta ocasión, achegamos a música coral ao público a través desta iniciativa novidosa, que se pon en marcha por primeira vez”.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo