Curso de monitores de tempo libre de Cáritas
O curso comenzou o día 4 de decembro e rematará ao cumplimentarse as 200 horas teóricas. Está impartido pola Escola de Tempo Libre de Cáritas Diocesana de Ourense e subvencionado polo Ministerio de Sanidade e Política Social.
Este curso está dirixido prioritariamente a mozos, a educadores, a voluntarios que colaboran en asociacións xuvenís, culturais, de terceira idade e grupos parroquiais.
Con este curso pretendemos formar os voluntarios , dende unha perspectiva educativa e social interrelacionada, na que primarán os seguintes contidos educativos: animación, psicosocioloxía, manualidades, danzas do mundo, medios de comunicación, educación ambiental, iniciación ao teatro, expresión corporal, educación para a saúde, lexislación, técnicas de acampadas, veladas, convivencia, e do social: acción social, xogos adaptados, animación xerontolóxica, obradoiro de emprego, igualdade.
O curso tivo unha boa acollida entre as asociacións e xóvenes da cidade de lugo, o que fixo que se cubrinse as prazas rapidamente , o que constata o interese dos xóvenes e das asociacións na formación nos eidos educativo e social.
Dende o Servizo de Atención á Infancia e Xuventude de Cáritas Diocesana de Lugo queremos dar unha visión da educación do tempo libre máis persoalizada, integradora, de continuidade, con maior relación coas familias, apostando por unha formación dos monitores adaptada as necesidades dos nenos e xóvenes, tratando de fomentar o traballo en equipo e en rede.

María José Campo (Oficina de Prensa Obispado de Lugo)