A Casa Habanera de Guitiriz acolle a mostra Imaxes do Nadal
Na Casa Habanera de Guitiriz inaugúrase a exposición IMAXES DO NADAL, formada por unha trintena de fotografías que do xeito máis amplo reflicten o feito do Nadal nas nosas vidas.
Son fotografías obtidas por 10 fotógrafos lucenses, membros do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá: José Reigosa, José Federico García, Jose Manuel Guisasola, Toñi Ónega, Fernando Gago, Xosé Manuel Otero, Méndez, Miguel Calvo, Luis Engroba e Eduardo Ochoa, coordinados por Eduardo Ochoa, vocal de Fotografía de Fonmiñá.
A Mostra organizouna o Grupo Fonmiñá o pasado Nadal, de acordo co Centro Cultural “José Domínguez Guizán” impulsor do Belén Electrónico e o Concello de Begonte, expoñéndose as fotografías na Casa da Cultura de Begonte e no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
Esta tempada do Nadal hase expoñer en Guitiriz (Casa Habanera) ata o 21 de decembro, e Outeiro de Rei (Casa da Cultura), do 23 de decembro ó 7 de xaneiro, en colaboración cos respectivos concellos.
Á inauguración, na Casa Habanera de Guitiriz, asistirán a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, o Alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez, o párroco de Begonte, Jesús Domínguez Guizán, e o Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá