A Fundación Galicia Europa abre a mostra: Loita contra a pobreza e exclusión social en Galicia
O subdirector xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Santiago Álvarez, e o vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade, Javier Garbayo, inauguraron a mostra “Loita contra a pobreza e a exclusión social en Galicia” que permanece na Igrexa da Universidade ata o 30 de decembro.
A exposición confórmana as 19 mellores fotografías presentadas ao concurso de idéntico nome que a Fundación Galicia Europa convocou con motivo da celebración do Ano Europeo da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social. Nela combínanse as instantáneas cun conxunto de datos que fan reflexionar ao visitante sobre unha situación que se veu agravada nos últimos tempos por mor da crise económica.
O percorrido pola mostra evidencia as diversas facianas dunha realidade que vemos a cotío nas nosas cidades: a indixencia, a falta ou precariedade da vivenda, as trabas na integración social e laboral, a inmigración, a falta de recursos, a educación como ferramenta integradora, etc. Situacións que afectan a xente de todas as idades, desde os máis cativos ata os nosos maiores, grupos especialmente febles ante a exclusión.
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro día 30 de decembro, data a partir da cal comezará a súa andaina polas deputacións galegas -na súa calidade de membros do padroado da FGE- e rematará na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas.
Ano Europeo de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social
Coa dedicatoria deste 2010 ao Ano Europeo da Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, a UE quixo chamar a atención sobre un problema que afecta a 84 millóns de persoas en territorio comunitario. Unha cifra elevadísima que a Unión quere reducir nun 25% segundo os obxectivos asumidos pola Estratexia 2020.
A Fundación Galicia Europa, sempre comprometida coas iniciativas comunitarias, apoiou a celebración deste Ano Europeo convocando un concurso fotográfico dirixido á mocidade coa intención de conciencialos sobre a existencia deste problema e apelar á súa solidariedade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia