Carmen Navarro recibe o premio María Josefa Wonenburguer Planells 2010
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, presidiu no Centro Galego de Arte Contemporánea, o acto de entrega do premio María Josefa Wonenburger Planells 2010, que recaeu en Carmen Navarro Fernández-Balbuena, xefa do servizo de Anatomía Patolóxica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, a quen felicitou polo seu traballo, “que, sen dúbida, contribúe a mellorar a calidade da atención aos pacientes, o noso principal obxectivo”.
Segundo a titular da carteira sanitaria do executivo galego, “os méritos científicos e profesionais da doutora Navarro son froito dunha gran dedicación e perseveranza, xunto cunha especial capacidade e vocación”.
No acto, Farjas amosouse especialmente satisfeita de entregar este galardón “a unha gran profesional do sistema sanitario galego”, doutora en Medicina e especialista en Neuropatoloxía, natural de Madrid, “pero que leva xa vinte anos desenvolvendo o seu labor asistencial, científico, docente e investigador en Galicia”.
Tal e como destacou Pilar Farjas, “a doutora Navarro lidera un grupo de investigación competitivo e de prestixio tanto a nivel nacional como internacional”, ademais de desenvolver o seu labor asistencial no complexo hospitalario universitario da cidade olívica. Tamén é membro do Consello Asesor da Consellería de Sanidade, presidenta do Comité de Investigación do CHUVI, e directora científica do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.
Participación dos profesionais
No sistema sanitario público de Galicia, en liña coa Estratexia Sergas 2014, “estamos a desenvolver un modelo de investigación e innovación aberta, que facilite a participación aos nosos profesionais e onde converxan catro axentes principais, os usuarios, os centros xeradores de coñecemento (universidades e outros organismos públicos de investigación), as empresas biosanitarias e o Sergas”, remarcou Pilar Farjas.
"Como conselleira de Sanidade estou ao fronte dun equipo no que cremos que é o momento de innovar, de transformar e modernizar a nosa sanidade, coa fin de conseguir mellores resultados. Estamos convencidos de que para iso é necesario que entre todos, pacientes e usuarios, profesionais, xestores e administradores, así como organizacións e institucións, poñamos a vontade, o coñecemento, o traballo e os medios suficientes para acadar este cambio”, subliñou.
Resolución dos problemas de saúde
Tal e como remarcou a conselleira no acto de hoxe, “as nosas institucións e os nosos magníficos profesionais e grupos no ámbito da investigación biomédica, dos que a doutora Navarro é un exemplo, concorren con éxito en convocatorias competitivas públicas no campo da saúde. Así, o pasado ano participaron en 41 proxectos nacionais e 64 proxectos autonómicos, e sempre co obxectivo de orientar as políticas e actividades de I+D+i cara á resolución dos problemas de saúde que afectan á poboación galega, a través da investigación traslacional”.
O premio María Josefa Wonenburger foi instituído no seo da Unidade Muller e Ciencia de Galicia, na que están representados os departamentos da Xunta de Galicia competentes en materia de igualdade; de educación; de investigación, desenvolvemento e innovación; de sanidade; e agora tamén de modernización.A doutora Navarro, ao igual que as anteriores premiadas é, segundo a conselleira de Sanidade, “un claro exemplo de servizo ao desenvolvemento social a través da investigación e mellora do coñecemento. Estas mulleres amosan que, con capacidade e esforzo, é posible desenvolver unha traxectoria profesional e investigadora plena”.
Para rematar a súa intervención, Pilar Farjas dixo que “a situación actual das mulleres na ciencia e na investigación dista moito de ser igualitaria, pero o certo é que a nosa presenza é cada vez maior, ao igual que noutros campos. Un dato alentador é que en España un 90% dos pais e nais perciben a ciencia como un ámbito no que teñen cabida por igual homes e mulleres”.
Investigar nos hospitais
Pola súa banda, Carmen Navarro falou sobre “A investigación no hospital: unha necesidade”., e compartiu o premio con todas e cada unha das persoas que integran o seu equipo no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo e no Servizo de Anatomía Patolóxia do CHU de Vigo, e as que ao longo da súa traxectoria profesional e de vida a axudaron a chegar ata aquí.
Carmen Navarro lembrou que aínda que tradicionalmente os hospitais son considerados como os centros onde os enfermos son tratados, e a investigación relacionouse coa universidade, a realidade demostra que “un hospital terá unha mellor asistencia canto máis se desenvolva a investigación no mesmo”.
Unha proba diso, dixo a médica, é que cada vez se potencia máis “a investigación traslacional” coa creación dos “Institutos de Investigación Sanitaria”, o que supón que, en parte, “a investigación se traslade e se fortaleza nos hospitais”, e así, “se acurte o tempo de aplicación dunha determinada investigación, xa que os resultados son máis directos, rápidos e polo tanto máis eficaces”.
Navarro fixo un chamamento para prestar máis atención as denominadas enfermidades raras, que as sofren menos de 5 de cada 10.000 habitantes, nas que é especialista e nas que centra grande parte das súas liñas de investigación, xa que “debido a súa baixa incidencia (185.000 persoas en Europa) e ao número tan extraordinariamente elevado de entidades diferentes que existe (máis de 7.000 catalogadas), fai que non susciten o interese, ou moi pouco, por parte da industria farmacéutica, que a miúdo non as coñezan os e as profesionais e que os pacientes e as súas familias estean desprotexidos e abandonados”.
Ademais, a biomédica fixo fincapé na importancia dos Bancos de Texidos para traballar sobre as enfermidades neuromusculares, e comentou algúns dos traballos realizados por ela e pola súa equipa sobre demencias atípicas e prionopatías, que “son as únicas enfermidades que poder ser ao mesmo tempo esporádicas, xenéticas e trasmisibles”, sinalou Navarro, que rematou a súa intervención cunha emotiva lembranza a súa familia de orixe galega, e desexando que “os traballos e as obras científicas das mulleres sexan cada vez máis coñecidos e considerados coa xustiza que se merezen”, e para iso, dixo, “contribuirá o Premio María Josefa Wonenburguer”, que concede a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.
O premio
A cerimonia rematou coa entrega, por parte da Conselleira de Sanidade, do galardón a premiada. Este no, o premio chámase “A linguaxe da vida”, e é unha pulseira, elaborada a man en prata de primeira lei, cuio deseño baséase na cadea do ácido desoxirribonucléico, a base de todo ser vivo, e quere ser unha homenaxe a todas as mulleres e homes que dedicaron e dedican a súa vida á ciencia en agradecemento pola importante contribución do seu traballo ao benestar e progreso da humanidade.
A pulseira foi deseñada por Beatriz e Miguel Piñeiro, da empresa galega Tsubaki&Co, e preséntase sobre un cilindro macizo de madeira de cedro con aplicacións en prata de primeira lei.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia