O CB Breogán e o Polusa asinan un convenio de colaboración
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/convenio_breogan_polusa.jpg)
Pola súa parte, Antón Bao destacou que a sinatura deste convenio permite que o Breogán aforre unha parte importantísima de diñeiro que suporía a contratación dos servizos médicos a cambio de ofrecer o soporte publicitario a Polusa, e agradeceu a colaboración e implicación de Polusa nun “exemplo do que debe ser o deporte nunha cidade, implicando a todos os estamentos da sociedade lucense”.
Justo Jorge López, director xerente de Polusa, agradeceu tamén ao CB Breogán o excelente clima de colaboración que se vén fraguando desde tempo atrás e valorou o traballo que esta entidade está a desenvolver, non só como club profesional, senón nas categorías de base poñendo en valor o deporte intimamente
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo