A Coral do Hospital Xeral-Calde, o Orfeón Lucense e a Schola Gregoriana enchen as rúas de Lugo de cantos de Nadal

Tralo éxito acadado polo I Encontro de Corais de Lugo, “Voces na Rúa”, que se celebrou do 22 ao 28 de novembro, as agrupacións Cantar Delas, o Orfeón Lucense, Xoan Montes, o Coro de San Antonio, a Coral Xolda, a Coral do Hospital Xeral, Novo Amencer, o Conxunto Vocal Lugh, a Coral de Amigos do Camiño de Santiago e a Schola Gregoriana Lucensis, actuaron estes días na Porta do Bispo Aguirre, a Praza Maior, a Praza do Campo e a Praza da Soidade , entre as 20:00 e as 21:00 horas. O día 5 de xaneiro, tamén de 20:00 a 21:00 horas, na Praza de Santa María, terá lugar un encontro de todas as corais, que cantarán xuntas os temas “Adeste Fideles” e “Noite de Paz”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo