A Consellería do Mar prohibe capturar nécora do 6 de xaneiro ao 3 de xullo
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/necoras.jpg)
A extracción da nécora estivo autorizada dende o 5 de xullo de 2010 ata hoxe. Neste período de tempo capturáronse 115.877,37 quilos nas augas galegas cun importe total de 1.973.029,18 euros.
A Consellería do Mar lembra que na actualidade tamén están en veda outros crustáceos como o santiaguiño (Scyllarus arctus) ata o 2 de outubro, o lumbrigante (Homarus gammarus) e a lagosta (Palinrus elephas), ambas especies ata o 30 de xuño.
Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia