Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Deputación colaborará cos Concellos na avaliación dos danos que están a provocar as choivas

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, adiantou que a Deputación colaborará cos Concellos na avaliación dos danos que están a provocar as choivas nos municipios da provincia. Gómez Besteiro salientou que debido á falta de medios tanto técnicos como económicos por parte dos municipios, o organismo provincial elaborará as memorias técnicas que, posteriormente, serán enviadas á Xunta. “A Deputación chegará a onde poida. Isto é responsabilidade do Goberno galego xa que temos a toda a provincia afectada. É nos momento difíciles onde se ve que temos un goberno autonómico que é necesario para algo. Austeridade ata un punto, a Xunta debe dar un paso ó fronte”.

O titular do organismo provincial fixo este anuncio durante a súa visita a Portomarín onde puido comprobar o mal estado no que se atopan as vías municipais en compaña da Alcaldesa, Silvia Rodríguez. O Presidente trasladouse a este Concello para supervisar ademais o estado no que se atopa a Ponte de San Roque logo de que as choivas da pasada noite deixaron descubertas as zapatas que sustentan os piares desta infraestrutura posibilitando o seu derribo. Esta situación, obrigou ós técnicos a mantela vixiada durante toda a noite, e a cortala ó tráfico por seguridade dos viandantes. A primeira hora desta maná, os técnicos provinciais estudaron polo miúdo a situación da ponte, e constataron que grazas o material que a conforma a base, formigón armado, non hai perigo de derribo polo que o propio Presidente ordeou a súa apertura.

Vías provinciais afectadas

A Deputación ten despregado dende primeira hora da mañá un dispositivo composto por 45 operarios e 40 vehículos nas vías provinciais afectadas polo temporal. Deste xeito, mantéñense cortadas: a CP 1104 (Cospeito), CPs 405,406,5401,1604 (Baleira), CPs 1611, 1107, 1102, 1112 (Castro de Rei); Cp 4906 (Portomarín), e a CP 3204 (Monforte). Ó mesmo tempo, debido a desprendementos de terra, caídas de árbores e asolagamentos, estase a traballar nos seguintes viales: CPs 6504, 6510 e 1702 (Vilalba), CP 2211 (Xermade), CP 0206 (Foz), CPs 2803, 2805 (Lourenzá), CPs 3102, 3106 (Mondoñedo), CPs 4805, 4811, 4805 (A Pontenova), CP 5505 (Riotorto), CPs 3102, 4404 (Pastoriza), CPs 1611, 1701, 1706 (Cospeito), CPs 2905, 3902 (Outeiro de Rei), CPs 2904, 1611 (O Corgo), CPs 0508, 1201 (Baralla), CP 3001 (Meira), CP 4601 (Pol), CPs 1109, 4401 (Castro de Rei), CPs 3907, 2921, 3907 (Lugo), CPs 1201, 1204 (Castroverde), CPs 2704, 2703 (Láncara), CPs 3305, 3301, 4001, 6003 (Monterroso), CP 4012 (Antas de Ulla), CPs 4302, 5709, 4301 (O Páramo), CP 4203 (Paradela), CP 2306 (Guitiriz), CPs 5101, 0805 (Begonte), CPs 2102, 2901 (Friol), CPs 2818, 2406 (Guntín), CPs 1901, 1904 (A Fonsagrada), CP 5401 (Ribeira de Piquín), CP 0706 (Triacastela), CP 3702 (As Nogais), CPs 1304, 4701 (O Courel), CP 5602 (Samos), CP 5006 (Quiroga), CPs 3205, 3204 (Monforte), 0901 (Bóveda), CP 5901 (Sober), CPs 4112, 4103 (Pantón), CP 6006 (O Saviñao), CP 6003 (Taboada), e CPs 1801, 1805 (Chantada).
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo