Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Novo obradoiro de emprego en Palas de Rei: Castelo de Pambre I

O Concello de Palas de Rei puxo en marcha un novo Obradoiro de Emprego: Castelo de Pambre I que dá cabida a 22 persoas repartidas en 3 módulos formativos: albañilería; enerxías renovables; e atención sociosaniatria.

O orzamento desta actuación estímase preto de 600.000 €uros que serán aportados pola Consellería de Traballo ó Concello de Palas de Rei como ente promotor.

Neste Obradoiro realizaranse varias obras de acondicionamento de zonas verdes así como a dotación de enerxías renovables tanto nos vestuarios do Campo de Fútbol como no Pavellón Polideportivo propiedade ambos do Concello Palense.

Tamén se executarán as Obras de rehabilitación da Casa Escola de San Miguel de Coence así como a repabimentación do núcleo de Villaespesa donde se deixarán instalados os servicios de saneamento e abastecemento.

Dentro do módulo de atención sociosanitaria formaranse 7 persoas que recibirán unha formación teórica coas súas conseguintes prácticas a realizar na residencia de anciáns de Taboada e no Centro de Día de Palas de Rei donde adqueriran coñecementos, capacidades e aptitudes precisas que os habiliten para desenvolver tarefas nos servicios sanitarios especifícos para a terceira idade e o tratamento de enfermos crónicos.
Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei