Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Queixerías Castillo de Pambre potencia o queixo dende Palas para o mundo

Situada no Concello de Palas de Rei, nace en 1971 unha empresa, por aquel entón familiar, destinada a fabricación de queixos galegos fundada por Raymond Georges Burnod. Esta queixería artesanal levará o nome dun dos monumentos máis emblemáticos da Comarca, O Castelo de Pambre.

Dacordo co seu número de Rexistro Sanitario foi unha das primeiras empresas da provincia de Lugo das súas características, esto é por aquel intre só había 116 fábricas de elaboración, transformación e/ou distribución de productos lácteos, anteriores a esta.
A “Queixería Castelo de Pambre” mantivo dende a súa creación o seu carácter artesanal e a forma tradicional de elaboración do queixo. Co avance dos tempos daría coa chegada no ano 2003 de novos socios que colocarían a semente necesaria para que recen entrado o ano 2005 comenzáse a construción dunhas novas instalacións no novo parque empresarial de Palas de Rei dado que para poder competir no mercado actual e estar a vanguardia facíase precisa a creación desta nova planta de elaboración, de 2.650,82 metros cadrados, adaptándoa ás esixencias europeas e ós requisitos sanitarios vixentes para así desenvolver unha producción de alta calidade e de total seguridade para o consumidor final. Esta nova queixería foi ideada e construída cunha moi clara intención:unir a tradicción e a experiencia de anos de fabricación artesanal coa última tecnoloxía e avances no mundo da industria e da fabricación de queixos tanto da denominación de orixe Arzúa-Ulloa como de Tetilla Denominación de Orixe Protexido.

Para elo, recorreuse a empresas de primeira liña mundial, grazas ás cales veu a luz en novembro de 2006 unha factoría de última xeración, cunha liña de produción automática e os últimos avances tecnolóxicos na fabricación de queixos. O resultado traduciuse na creación no ano 2007 da Planta máis moderna e técnoloxícamente avanzada da época.
Ao inicio da actividade nas novas instalacións contrátase a técnicos con formación en industrias alimentarias, especialistas en queixerías e incluso, se chega o potenciamento da formación e especialización paulatina do seu persoal nas técnicas elaboración de Queixos Arzúa-Ulloa e Queixo de Tetilla coa colaboración da Aula de Productos Lácteos de Lugo. Actualmente Queixerías Castelo de Pambre conta con 11 traballadores dos cales 3 son Titulados Superiores.

Dende a súa creación en 1971 os avances experimentandos no seu interior foron significativos. Dunha actividade inicial centrada na elaboración manual de distintos tipos de queixo de leite de vaca nun mercado ao que estaba dirixido a súa producción principalmente local aínda que tendendo a unha expansión de cara o sur e centro da provincia e chegando a introducir os seus productos no norte das provincias de Ourense e A Coruña; pasando na actualidade a unha nova filosofía de traballo baseada: no uso da materia prima local (axudando a comercialización da leite galega transformada e revalorizada en mercados exteriores), fomentando o asentamento da poboación en zonas rurais así como o seu desenrolo e mellora na calidade de vida, dado Queixerías Castelo de Pambre xeran emprego directo( na propia fábrica) e indirecto (sector primario, transporte, e no resto de servizos asociados).

Pra elo realízase un esforzo continuo na apertura de novos mercados tanto no ámbito nacional como internacional . Actualmente Queixerías Castillo de Pambre para levar a cabo o seu obxetivo e a súa filosofía apostou pola elaboración casi en exclusiva de queixos galegos amparados baixo as denominacións: Arzúa- Ulloa e Tetilla para o cal se desenvolven líneas específicas de producción combinando tecnología e tradicción. Fundamentalmente, a súa orientación comercial esta centrada na gran distribución nacional e internaciónal de feito actualmente conta entre os seus clientes con firmas como: Lídel, Carrefur, Alcampo,... que expanden a súa producción por distintos puntos da xeografía entre eles: cabe citar en Francia, Bélgica, Rusia, Suíza, Estados Unidos, México, Dinamarca, Emiratos Árabes nas que o producto está tendo unha gran aceptación. Entre os esforzos inmediatos de Queixerías Castillo de Pambre, na actualidade, céntranse en introducir os seus productos en países emerxentes como China, Xapón ou Brasil así como na entrada no mercado europeos como o Alemán ou Portugés donde, en este último, se busca acadar a implantación do Queixo de Tetilla así como especialmente se pretende profundizar en maior medida na comercialización das súas dúas Denominación de Orixe no mercado Galego(coa distrubuidora Gadisa), sen descartar o Local.

Durante o ano 2010 Queixerías Castillo de Pambre realizou unha forte aposta pola adecuación aos requisitos dos seus clientes, principalmente cadeas distribuidoras, así como invertiu na implantación e certificación dun dos sistemas de calidade máis esixentes (sendo unha das poucas queixerías que poseen dita certificación): IFS (International Food Standar) o cal permitirá a ampliación do seu mercado a novos clientes e a novos países, favorecendo deste modo a internacionalización de productos elaborados en Palas de Rei. O sistema de calidade IFS (International Food Standar) un dos máis completos en canto a esixencias de calidade, implementado en Queixerías Castillo de Pambre dende o inicios do presente ano, basease núns estándares propostos pola distribución para asegurar a calidade no producto. Baseado no sistema APPC (esixido por sanidade) busca asegurar: a legalidade, a salubridade e a seguridade alimentaria do producto.

En canto a legalidade: busca cumplir os requisitos legais en toda cadea alimentaria; en canto a salubridade: busca cumplir os requisitos de saude pública e en canto a seguridade alimentaria o sistema identifica todos os riscos facendo un análise de gravidade e probabilidade de suceso. Neste senso o IFS esixe unha serie de requisitos a cumplir: responsabilidade de dirección de empresa, control de proveedores para acadar un producto de calidade, recursos humáns, control de corpos estraños, trazabilidade ( toda a historia do producto) e control do producto final. “O IFS permite ter os costes localizados, evita que os productos vaian dañados, asegura calidades e permite abrir novas portas no mercado coas distribuidoras, donde contamos con incrementar produción e ventas” segundo asegura Beatriz Pazo Rivas responsable de calidade de Queixerías Castillo de Pambre.

Na actualidade un día normal, Queixerías Castillo de Pambre, na súa nave de Palas de Rei elabora entorno a unhas 6.000 unidades de queixos tanto da Denominación Arzúa-Ulloa como de Tetilla e move entorno a uns 4.000 Kilos de queixo. Dacordo co nivel de produción de anos anteriores de cara a segunda metade do ano, isto é, dende xullo a decembro o volumen de producción diaria vese incrementado especialmente si se compara coa primeira metade do ano.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei