A Deputación de Lugo impulsa a actividade dos pequenos empresarios en Palas de Rei
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Presidente da Asociación de Comerciantes e Industriais de Palas de Rei –ACIPA-, Jesús Freire, asinaron un convenio este mércores mediante o cal o organismo provincial achega 38.000 euros a este colectivo. Esta cantidade adícase á creación de 3 novos postos de emprego en Palas de Rei. Os novos contratados incorporaranse a ACIPA para incrementar a actividade que esta asociación está a desenvolver en prol do desenvolvemento das pequenas empresas do Concello palense.
Gómez Besteiro salientou que “Galicia foi a Comunidade que máis emprego destruíu en 2010, e a segunda que máis autónomos perdeu. Defender ós pequenos empresarios é unha medida intelixente para calquera goberno xa que son eles os que sostentan a nosa economía. A gran empresa de Lugo son os autónomos, se a eles lles vai ben a nós tamén. Ademais, cada emprego que logremos crear e manter é un triunfo”. Pola súa banda, Jesús Freire agradeceu a colaboración da Deputación que “vai a permitir contratar un equipo de profesionais que consolidará os proxectos nos que estamos a traballar para potenciar o sector socioeconómico do noso pobo”.
ACIPA constituíse no ano 1998 co fin de potenciar o traballo de autónomos e PEMES deste municipio. Actualmente, representa, xestiona e defende os intereses de preto dun cento de profesionais palenses de todos os sectores. Os seus socios teñen pequenos negocios como: granxas de gando, gasolineiras, florarías, perruquerías, tendas de moda, librerías, empresas de electricidade, alimentación, hostalería, ou construción. A Asociación de Comerciantes e Industriais de Palas de Rei vén realizando de xeito gratuíto curso de formación, asesoramento personalizado, xestión de trámites, ou colaboracións en eventos como a Degustación do viño do paisano.
O seu imporante labor en Palas de Rei reflíctese nos datos do Instituto Galego de Estatística que apuntan que este Concello conta con 1.262 afiliados á Seguridade Social distribuídos do seguinte xeito: 605 adícanse ó sector servizos, 409 ó primario, e os restantes á industria e á construción. A última Enquisa Poboación Activa –EPA- mantén que este municipio da Ulloa aumentou a taxa de paro nun 20% con respecto a 2009. O número de despregados acada as 183 persoas. Pola súa banda, a Asociación de Autónomos de Galicia asegura que a galega foi a segunda Comunidade que máis profesionais perdeu en 2010.
20 novos postos de traballo en Palas de Rei
Con esta achega, a Deputación logra, tan só nas últimas semanas, crear un total de 20 novos postos de emprego en Palas de Rei. A distribución é a seguinte: máis dunha decena están xa a traballar nas obras de mellora da estrada que une este municipio coa localidade de Filgueira; outras 9 incorporaranse no mes de marzo para realizar tarefas de mantemento e conservación de servizos municipais grazas ó Lugo Emprega; as 3 restantes uniranse ó equipo de profesionais de ACIPA para aumentar o asesoramento ó cento de pequenos empresarios deste Concello da Ulloa que integran dito colectivo, co fin de mellorar a competividade dos seus negocios, e xerar riqueza.
Este convenio enmárcase ademais, dentro da firme aposta do organismo provincial polo desenvolvemento do tecido empresarial da provincia. Asimesmo, engádese a outras medidas como ás primeiras subvencións en España coas que a Deputación asume os gastos correntes de centos de autónomos; á posta en marcha da 1º plataforma de comercio electrónico que incrementará ás vendas dos pequenos comerciantes; á subvención á Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo para a promoción dos seus produtos; á celebración da 1º Feira Outlet de comerciantes da capital lucense que acadou, en só 2 días, un volume de negocio superior ós 100.000 euros; ou o curso personalizado de formación Burela co seu comercio.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo