Emerxencias alerta dun fenómeno adverso por vento nas tres provincias costeiras

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir das 00.00 horas de mañá, mércores 16, e ata as 18.00 h. este temporal afectará ás provincias da franxa atlántica con rachas de vento de ata 100 km/h. Na zona da Mariña de Lugo, este mesmo fenómeno podería prolongarse ata as 21.00 h. de mañá. Este fenómeno convivirá coa alerta vermella COSTEIRA anunciada para o día de hoxe nas costas das provincias da Coruña e Pontevedra e que continuará ao longo de todo o día de mañá e primeiras horas do xoves 17.
Así, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa aos concellos, Deputación, asociacións de Voluntarios de Protección Civil e Bombeiros das tres provincias; así como aos organismos das administracións estatais, locais e autonómicos e empresas correspondentes.
Tamén recordáselle á poboación á importancia de seguir as medidas de protección como vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras ou circular con precaución nas estradas, especialmente se utilizan vehículos lixeiros como bicicletas ou ciclomotores. Ademais aconsellase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia