O INLUDES destina 600.000 euros a obras que impulsen o medio rural e o sector primario
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/gomez_besteiro_inludes.jpg)
O máximo mandatario provincial explicou que, non só se trata dunha iniciativa sen precedentes na provincia, senón que a de Lugo é a primeira Deputación de Galicia que pon en marcha unha iniciativa destas características destinada única e exclusivamente a impulsar o rural e o sector agrogandeiro. Os obxectivos destas axudas das que se beneficiarán calquera asociación, agrupación de gandeiros ou de cidadáns sen ánimo de lucro, son tres:
1.- Mellorar a calidade de vida no medio rural e facer máis competitivas as explotacións da provincia.
Na actualidade, na provincia existen máis de 8.000 explotacións gandeiras, polo que este sector é un dos piares principais da base da economía de Lugo. Precisamente, para facer que estas sexan máis rendibles, estas axudas destinaranse ó acondicionamento dos accesos ás explotacións, á mellora saneamento dos núcleos rurais, dotándoos de equipamento e servizos básicos que ata o de agora non dispoñían deles como a construción de bebedoiros para animais ou a instalación de sumidoiros onde non hai nestes momentos, etc.
2.- Frear o despoboamento poboacional. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, a provincia encabezou en 2010 o retroceso demográfico ó perder case 3.000 habitantes. “Unha das grandes obsesións que ten a Deputación este ano é intentar conciendair do problema de despoboamento desta provincia. Con estas obras conseguiremos que haxa unha actividade constante no medio rural”.
3.-Crear postos de traballo. A través destas axudas executaranse un cento de obras nas que como mínimo traballarán tres persoas en cada unha, polo que a Deputación dará traballo a 300 persoas.
As axudas convócanse en réxime de concurrencia competitiva e a contía de cada subvención non poderá superar a cantidade de 6.000 euros, nin exceder o 75% do importe do proxecto subvencionable. O 25% restante será aportado polos solicitantes. O 21 de febreiro publicarase a convocatoria das axudas no Boletín Oficial da Provincia, data a partir da que se abrirá o prazo para que os gandeiros ou as agrupación de veciños poidan solicitalas, e que rematará o 10 de marzo.
O INLUDES xa é sede electrónica
Ante do verá o organismo provincial culminará a implantación da administración electrónica co Innova-TE, o programa máis ambicioso de Galicia tanto en presuposto como en prazos. Ó igual que a principios deste mes arrancou a administración electrónica en 11 Concellos, o INLUDES vén de aprobar a ordenanza que converte a este organismo, dependente da Deputación, en sede electrónica, ou o que é o mesmo, na administración sen papeis, aberta as 24 horas do día e os 365 días dos ano. Deste xeito, nestes momentos, están operativos 7 procedementos dos 13 previstos polo programa.
A este respecto, Lara Méndez subliñou que “a Deputación ten toda a maquinaria a pleno rendemento. Grazas ó Innova-TE, sen custe para os municipios, a Deputación aforra tempo e cartos ós veciños e 300.000 euros a cada un dos Concellos que se adheririon. Só falta que a Xunta estenda a banda longa, xa que de pouco serve ter un coche de alta gama senón hai as autopistas necesarias para poder circular”.
En canto á Deputación, están activos catro trámites máis, a maiores dos 12 iniciais cos que deu comezo a eadministración. Deste xeito, na actualidade os cidadáns xa poden realizar 16 procedementos coa Deputación. O día 22 de febreiro activaranse 11 máis, polo que serán 27 os dispoñibles, dos 55 previstos polo programa. Por tanto, entre INLUDES e Diputación, a día de hoxe é posible realizar 23 procedementos administrativos on line, 7 do INLUDES e 16 de Deputación, dos 68 que finalmente se activarán.
Polo que respecta ós 11 Concellos que estrearon a administración electrónica a principios de mes, os seus veciños xa poden facer 30 trámites vía internet, dos 80 previstos. É o caso dos seguintes: recollida de enseres e de animais abandonados, consulta de incidencias producidas na vía pública; consulta e inscrición no padrón municipal; rexistro de parellas de feito; aviso para a retirada de vehículos da vía pública ou de avaría de subministro de auga potable; consulta de censo electoral, de ordenanzas, bandos e dos rexistros de entrada e saída; reserva de cita de boda civil; inscricipión na bosla de traballo; solicitude de licenza de animais perigosos e da tarxeta de aparcamento para discapacitados, etc.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo