Presentado o proxecto de dinamización do xadrez: Xaque nas aulas
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, presentou no salón de actos do pazo de San Marcos o proxecto de dinamización do xadrez “Xaque nas Aulas”, que se desenvolverá nos vindeiros meses en diferentes colexios da zona centro e sur de Lugo. Xunto a Antón Bao estiveron na presentación Pablo Castro Girona, presidente do Club Escola Luguesa de Xadrez, Gaspar Pérez Carneiro, presidente da Federación Galega de Xadrez, Xosé Manuel Díaz Grandío, concelleiro de Turismo e Deportes de Lugo, e Xesús Ramos Ledo, xefe territorial de Educación da Xunta de Galiza.
Xaque nas Aulas é un proxecto de dinamización do xadrez que organiza a Escola Luguesa de Xadrez xunto coa Asociación Cultural Xaquedrum, coa colaboración económica principal da Área de Deportes da Deputación de Lugo, ademais do Concello de Lugo e a Xunta de Galiza. Este proxecto vai consistir na difusión do xadrez entre a poboación escolar, dos cursos 3º e 4º de primaria, de colexios das comarcas de Lugo e Chantada. En total, participan dous colexios de Chantada, un de Taboada, dous de Monforte de Lemos e dez colexios en Lugo e arredores. Ademais da práctica do propio deporte, editouse material explicativo da técnica do xadrez, moi útil para os nenos e nenas, totalmente en lingua galega
Na súa intervención, Antón Bao destacou que “o xadrez é un deporte moi integrador” e que ademais “axuda a desenvolver as capacidades dos nenos e nenas, mellorando a súa concentración”, polo que este proxecto “é moi interesante porque permitirá chegar a moitos escolares de moitos colexios lucenses”. Bao tamén sinalou que esta actividade vai desenvolverse en lugares que xa tiñan certa tradición do xadrez ou onde existía un club, como Chantada, irradiando e expandindo a práctica deste deporte pola comarca.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo