Sarabela Teatro representa en Tui Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres 25 de febreiro ás 20h a representación de “Konrad, ou o neno que saíu dunha lata de conservas” da man de Sarabela Teatro.Trátase dunha comedia infantil, con sesenta minutos de duración, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e interpretada por Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Tito R. Asorey e Nate Borrajo.
As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.
Gabinete de Comunicación do Concello de Tui
