O Concello de Ourense concede a Hipercor licenza en Mariñamansa

Segundo o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, a concesión da licenza queda condicionada á cesión para uso público do vial resultante do proceso de urbanización, que nacerá da actual rotonda sita na glorieta de Avenida de Zamora, intersección con Nosa Señora da Saínza e discurrirá pola parte posterior do Complexo Hospitalario, así como os soportais que xenere a construción do centro comercial.
O acordo adoptado pola Xunta de Goberno aproba o proxecto básico presentado pola empresa que, para iniciar as obras, deberá solicitar previamente a execución da licenza.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense