Gómez Besteiro condiciona o reparto de equipos informáticos aos Concellos do Innova-Te á súa implicación na e-Administración

Neste sentido, o Presidente lembrou que, para evitar traballos ós Concellos, a Deputación remitiulles a mencionada ordenanza de sede electrónica no pasado mes setembro, polo tanto, “é razoable que en marzo estea aprobada porque só hai que levala ó Pleno municipal”. “Un exemplo: Non podemos pagarlle o carné de conducir e agora o coche sen que o interesado nin sequera teña interese en aparecer pola clase”, recalcou Gómez Besteiro.
A través do programa Innova-TE, financiado nun 70% pola Unión Europea, a Deputación mercou exactamente aqueles equipos que, segundo unha auditoría previa, eran estritamente necesarios nos concellos. O material, que está baixo a custodia do organismo provincial, é o seguinte: 136 ordenadores, 102 portátiles, 42 impresoras, 33 servidores e 50 pantallas multimedia de información. A súa compra, distribución e instalación ten un presuposto de 1,4 millóns de euros.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo