A Deputación consegue que os polígonos da provincia sexan un 67% máis baratos que o das Gándaras
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/suplusa_rp.jpg)
Para moitas empresas é practicamente imposible adquirir solo industrial no polígono lucense, debido ós altos prezos da Xunta. A este respecto e tendo en conta os prezos que manteñen ambas as dúas administracións, o máximo mandatario provincial sinalou que “hoxe non virá ninguén ás Gándaras se a Xunta non vaixa o prezo do solo. En días pasados o goberno galego instaba á Deputación a implicarse no polígono da capital: non saio do meu asombro, quen debe dar unha resposta clara é a Xunta a través de mecanismos económicos que estimulen o asentamento de empresas. Mecanismos hainos, o caso é que se queiran utilizar. A Deputación fixo e grazas ó goberno de España, hoxe podemos ofrecer solo moito máis barato”. Un prezo do solo asequible ten resultados inmediatos para os empresarios. Por exemplo, se unha empresa compra 10.000 metros cadrados coa Xunta nas Gándaras tería que pagar máis de 1 millón de euros, mentres que se o fai coa Deputación, só tería que pagar 350.000 euros”.
Dende 2007, a Deputación impulsou 7 polígonos. Baleira, Begonte, Ourol e Friol están totalmente rematados, e, en obras, os de Castroverde e Chantada. Este mesmo mes, comezarán os traballos de Paradela. En total, as operacións da Deputación suman 1.220.000 metros cadrados e un investimento de 13,4 millóns de euros. Nestas áreas industriais 34 empresas desenvolverán nun corto prazo de tempo a súa actividade.
Axudas para reducir aínda máis os prezos
Gómez Besteiro tamén anunciou que o Ministerio de Industria vén de conceder ó organismo provincial axudas por valor de 300.000 euros, 50 millóns das antigas pesetas, dentro do Plan “Reindus” 2011para a reindustrialización e modernización do proceso produtivo. O titular provincial adiantou que se destinarán 150.000 euros ó polígono de Chantada, cuxas obras se rematarán este ano e, os outros 150.000, ó de Paradela. “Coas axudas abaratarmeos o custe do metro cadrado nun 20% no caso da segunda área industrial, fixando en 27,5 euros o m2, e un 10% no polígono chantadino, quedando en 33 euros”. Outra medida acollida satisfactoriamente polo empresariado é que dende hai 9 meses a Deputación ofrécelles a posibilidade de efectuar o pago das parcelas nun prazo máximo de 5 anos fronte ós 3 anunciados pola Xunta. Ademais, no caso de que nese tempo, os compradores non pagasen a parte correspondente, eliminánse as cláusulas de penalización, devolveríaselle á empresa a cantidade aportada e a institución provincial recuperaría a titularidade da propiedade.
Cobertura dos polígonos provinciais
Economizar o prezo do solo deu bos resultados que hoxe presentou publicamente o Presidente da Deputación:
- Begonte: está rematado ó 100%. Xa están funcionando 11 empresas. Neste caso o prezo da parcela é de 33 euros, polo que, comparado co das Gándaras, é un 69% máis barato.
- Castroverde, malia que aínda que está en obras, 20 empresas xa reservaron a súa parcela. A 5 meses de rematar os traballos, o organismo provincial xa ten garantido o 70% de ocupación. Este é un 59% más barato que o polígono da capital, xa que o prezo por metro cadrado é de 43 euros.
- Baleira, Ourol e Friol: están totalmente rematados. Nos dous primeiros, están vendidos o 70% e o 50%, respectivamente. Segundo a política de prezos da Deputación, son un 81% máis económicos que o xestionado por Xestur. Asimesmo, en Ourol están reservados 5.000 metros pola empresa Mapri Metal. Grazas a SUPLUSA, esta é a primeira industria que se asenta neste municipio, xa que na actualidade non existe ningunha no núcleo urbano. Polo que se refire ó de Friol, no que 12 empresas xa reservaron a súa parcela, é un 71% máis barato. Nestes momentos estase construíndo a primeira nave.
- Chantada: fixarase en 33 euros, aproximadamente, o prezo, polo que será un 69% máis baratos que as Gándaras. Xa están reservados 10.000 metros por Estrella Galicia.
Á marxe dos polígonos xetionados directamente pola Deputación, Besteiro subliñou o esforzo no financiamento do solo para a empresa Pacadar que, en Monforte de Lemos, creará máis de 100 posto de traballo. Tamén destacou que a Deputación, segundo a APEC, é a administración que máis inviste en obra pública, a pesar de que a Xunta ten 100 veces máis de presuposto.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo