Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Buxiganga levará en dúas quendas un total de 90 funcións de 22 grupos de teatro a 38 concellos lucenses

Ao acto tamén asistiron os actores Eva Cabo, que manexou un monicreque durante a presentación, así como Rafael de la Fuente, de Nova Escena, que ofreceu unha pequena representación ao final do acto, e membros dalgúns dos grupos de teatro que participan nos circuítos.

Na súa intervención, Antón Bao afirmou que este proxecto é “un dos que máis satisfaccións nos proporciona na Área de Cultura da Deputación, non só pola súa repercusión nos grupos de teatro xa existentes, senón porque ao redor de Buxiganga aparecen cada ano novos grupos de teatro afeccionado”. Por isto, e como explicou o vicepresidente, “a pesar da situación económica, dende a Área de Cultura apostamos por manter o compromiso cos grupos de teatro e tamén cos concellos, aos que co programa Buxiganga se lles axuda a programar a súa oferta cultural”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo