Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O director xeral de Patrimonio visita San Xulián do Camiño

O Director Xeral de Patrimonio Cultural, José Manuel Rei Pichel visitou o lugar de San Xulian do Camiño e as obras que o seu departamento está a desenvolver no citado lugar en pleno camino de Francés de peregrinaxe a Compostela.

As Obras consistentes na rehabilitación de 3 horreos; dous dos cales xa están concluidos os traballos e no terceiro aínda en fase de execución hai que engadirlles a limpeza do lavadoiro de San Xulian do Camiño así como as obras de rexeneración de infraestructuras no núcleo de San Xulian canalización de augas, pavimentación do núcleo principal entre o cruceiro e a igrexia para punto de reunión dos veciños do pobo.

O Director Xeral de Patrimonio Cultural na sua visita estivo acompañado do Alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado e do Primeiro Tenente de Alcalde Pablo Taboada e dos veciños e veciñas de San Xulian.

Gabinete de Comunicación do Concello de Palas de Rei