O Parque Nacional das Illas Atlánticas, protagonista do cupón da Once do 3 de abril
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/cupon_once_illasatlanticas.jpg)
O décimo está ilustrado cunha fotografía aérea do Parque, na que se pode apreciar a Praia das Rodas, considerada unha das de maior beleza paisaxística de toda España. No cupón tamén figura a fecha de declaración como Parque Nacional (1 de xullo de 2002). Este cupón enmarcase nunha serie de 14 cupóns que a Organización dedica a rede de Parques Nacionais, dependentes do Estado.
Cinco millóns de cupóns levarán a imaxe do único Parque Nacional da nosa Comunidade. Esta é a primeira vez que o Parque aparece no cupón da ONCE como tal, anteriormente foron as Illas Cíes as que tiveron unha ilustración no cupón.
Con esta ilustración o departamento que dirixe Samuel Juárez espera contribuír a proxección do Parque a nivel nacional, atraendo a un maior número de persoas ata a nosa Comunidade. Unha das características que comparten algúns dos Parques Nacionais que compoñen esta serie de cupóns é a de integrar algúns sistemas de accesibilidade que permiten ás persoas con algún tipo de discapacidade gozar da natureza nas mesmas condicións que o resto do público.
Medidas de accesibilidade
O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas adoptou medidas de accesibilidade turística, en colaboración coa ONCE dotouse de material informativo sobre as Illas Cíes e Ons en versión braille, así como de mapas en relevo y a formación do seu persoal en tarefas de acompañamento de persoas cegas e con deficiencia visual.
O Parque mantivo contacto con diversas asociacións implicadas na integración de colectivos discapacitados para procurar a mellor e máis directa información acerca das necesidades destes colectivos. Con esta información previa desenvolvéronse varias actuacións, entre elas a adaptación das vías principais e o acceso ás praias, a instalación de baños adaptados para persoas con problemas de mobilidade.
Tamén se realizaron programas específicos de rutas guiadas con colectivos con dificultade de integración social, con cegos, e outros colectivos con discapacidade funcional. Nos próximos días comezarase a deseñar o programa de atención a persoas con discapacidade funcional.
Así como, os centros interpretativos estarán equipados con ordenadores informativos que contarán cun kit completo para adaptación dun posto informático para persoas con algún tipo de discapacidade.
Estes equipos forman parte do Proxecto TIC TAC Galicia, en colaboración coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e RED.ES. Para lograr a capacitación efectiva do persoal da administración, asistirán a xornadas para afondar no coñecemento sobre a discapacidade e as súas tipoloxías, e sobre as solucións accesibles dispoñibles.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia