Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Gómez Besteiro amosa o Hotel Miño ó Padroado da Uned para o seu traslado

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, amosou o Hotel Miño os membros do Padroado da Uned, logo de que o Alcalde de Lugo e membro deste organismo, José López Orozco, propuxese trasladar a sede oficial da Universidade a Distancia as instalacións do organismo provincial. Na visita, ademais de Besteiro e Orozco, estiveron: Antón Bao, Vicepresidente da Deputación e Presidente do Padroado; Vicente Silva Meilán, Secretario da Cámara de Comerio; e Ana Traseira, Secretaria da Uned.

Gómez Besteiro salientou con esta visita “iniciamos o proceso de estudo da gran idea do Alcalde. Lembrarán que este lugar xa nos pareceu idóneo para unha escola de hostalería na provincia. Por iso, ofrecémosllo á Xunta quen dixo que non porque, imaxinamos, que xa lle terá otra ubicación. Convidamos á súa venda que resultou infroctuosa, e non estamos para malvender o patrimonio provincial. Xurdiu esta idea que contribúe á permanencia da Uned, empregando o patrimonio público para unha finalidade pública. En 15 días, aprobaremos o anteproxecto para inciar a licitación das obras canto antes e comezar coas actuacións de recuperación do edificio e adaptación dos seus interiores no vindeiro mes. A partida orzamentaria xa está habilitada porque, lembrán que no Pleno, aprobamos unha proposta de adxudicación de remanentes no que 1.320.000 euros son para a mellora de bens de titularidade provincial. Logo de rematar ás obras, asinaremos o convenio de cesión do inmoble á Uned”.

López Orozco destacou que “hoxe é un día importante para Lugo que lle agradezo ó Padroado da Uned por ver con bos ollos este espazo para traer a universidade, así como ó Presidente da Deputación por poñerse xa en contacto coa Uned, e axilizar a creación dun centro educativo con vocación de permanencia, no que será posible acoller a un maior número de alumnos e incrementar as titulacións. Este é un lugar privilexiado, preto da Campus, e con moi boas entradas ó que se pode acceder dende calquera punta da cidade”.

Pola súa banda, Antón Bao subliñou que “era necesario adaptar as instalacións da Uned debido ó incremento de alumnos. Quero agradecer ademais á Cámara que durante este tempo nos prestase as súas dependencias. Situar a Uned neste espazo redundará na mellora da formación universitaria e no desenvolvemento socio-económico de Lugo”.

Situación actual e beneficios

O centro asociado de Lugo atópase actualmente no edificio Forcam da Cámara de Comercio, no campus universitario. A súa reubicación atende a varias cuestións:
1.- Económica. O aluguer do espazo actual representa un desenvolso anual de 105.000 euros que se aforrarían levandoo ó Hotel Miño.
2.- Espacial. Estas instalacións acollen a 1.500 alumnos, cifra en incremento constante que, segundo as previsións do Padroado, acadará os 2.000 en dous ou tres cursos.
3.- Obrigación de adaptar o centro ó novo marco universitario europeo.
4.- Permanencia da sede, é dicir, consolidar a existencia da Uned en Lugo.

Ante esta situación, o Alcalde lucense trasladou ó Padroado a posibilidade de levar a sede oficial da Uned ó Hotel Miño porque, ademais dos beneficios anteriores, recupera unha infraestrutura situada no contorno do Río Miño, farovecendo a posta en valor da zona xunto co Plan Director. Ademais, este espazo conta boas comunicacións viarias e aparcadoiro.

O Hotel Miño sitúase nunha superficie de 5.338 metros cadrados, dos que 4.297 están edificados por 3 bloques. No edificio número 3 situarase o Arquivo Provincial, a Axencia da Enerxía e os talleres da brigada de mantemento da Deputación. Debido as malas condicións da estrutura do bloque 2, o organismo provincial prevé demolelo. Isto significa, que o edificio número 1 na súa totalidade, uns 1.600 metros cadrados, quedarían en beneficio dos estudantes.

O Hotel Miño foi adquirido pola Deputación en 1984. En 2007, a anterior corporación provincial acordou a súa posta á venda, operación que non chegou a formalizarse debido ó incumprimento do comprador. Posteriormente, voltouse por á venda en 2 ocasións nas que nos se presentaron ofertas. Finalmente, ante a petición da Asociación Provincial da Hostelalería dun centro de formación en Lugo, a Deputación puxoo a disposición da Xunta sen obter resposta algunha.

A proposta do Rexedor, presentada na última reunión da fundación, foi ben acollida polos seus integrantes quenes acordaron estudar as instalacións que hoxe visitan, como primeira opción para ser a sede da Uned para o curso 2012-2013. En caso negativo, como segunda alternativa avaliase unha das alas do hospital provincial de San Xosé.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo