Preséntase na Deputación Provincial de Lugo a Feira das Asociacións Socioculturais

Como explicou Antón Bao, “estas 25 asociacións traballan en diversos ámbitos da vida social e cultural e representan o corpo do tecido asociativo lucense, que as administracións debemos ter presente para darlles o noso apoio”. A Área de Cultura “apoia decididamente esta iniciativa, para que estas organizacións poidan mostrar aos lucenses ese traballo impagable que están realizando nos ámbitos da ecoloxía, da discapacidade, da inmigración ou da cooperación internacional, entre outros”. Manifestou a súa seguridade de que “a feira vai ser un éxito, e vai servir ademais como mostra dun valor importante como é o respecto á pluralidade, unha riqueza que debe estar presente sempre nas actividades que se desenvolven na cidade”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo