Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Sindicato Labrego Galego inicia unha campaña para informar sobre a nova normativa de trazabilidade ás explotacións de horta da provincia de A Coruña

A trazabilidade é o seguimento que se lle realiza a un produto dende a súa orixe ata que chega á cesta do consumidor, e a partir do 1 de xaneiro de 2005 entrará en vigor o regulamento 178 / 2002 da Lei de Seguridade Alimentaria, que pretende que os alimentos estean perfectamente identificados dentro da cadea de comercialización.
Dado que a aplicación desta lei vai implicar numerosos trocos no funcionamento das explotacións hortícolas, o SLG quérese anticipar para que non colla desprevidos aos produtores e produtoras de horta da provincia da Coruña.
A continuación, detallamos o calendario de charlas que se realizará durante o mes de novembro:
ARTEIXO, 2 de novembro, no Centro Cívico Cultural, a partir das 10.30 horas en xornada de mañá e tarde.
PONTEDEUME, 8 de novembro, na Aula de Cultura do Concello ás 20.30 horas
BETANZOS, 10 de novembro, no Mesón Os Arcos, a partir das 10.30 horas en xornada de mañá e tarde.
CAMBRE, 11 de novembro, a partir das 10.30 horas en xornada de mañá e tarde.
CARBALLO, 15 de novembro, ás 20.00 horas.
ORDES, 17 de novembro, ás 20.00 horas.
Sindicato Labrego Galego