Premio ao labor formativo para adultos do programa Universidade Popular
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/premio_miguel_hernandez.jpg)
A concelleira de Educación, Ana Garrido, recibiu o premio, entregado polo Director Xeral de Formación Profesional do Ministerio de Educación, Miguel Soler. No galardón, cítase textualmente o "recoñecemento da Concellería de Educación do Concello de Ourense ó labor realizado en favor da aprendizaxe ó longo da vida".
Ana Garrido tivo a ocasión de dirixirse ó público presente e ás autoridades tras recoller o premio. Na súa intervención, destacou o "importante esforzo que vén facendo a Concellería de Educación nos últimos catro anos, triplicando non só o número de cursos da Universidade Popular -actualmente 70-, senón tamén o número de usuarios -de 640 a 1.800 ourensáns participantes-. Asimesmo, continuou recoñecendo "a honra que supón recoller un galardón deste nivel, que recoñece o acerto da importante aposta do Concello na mellora da calidade de vida a través da educación e o benestar social".
No acto estaban presentes outras autoridades como o Subdirector Xeral de Aprendizaxe do Ministerio de Educación, Mario Rodríguez, ou a Secretaria de Estado, Carmen Maestro.
Premios Miguel Hernández
Os premios Miguel Hernández é unha iniciativa que desenvolve a Dirección Xeral de Formación profesional do Ministerio de Educación, que ten como obxectivo “recoñecer a importancia que debe darse á eliminación das desigualdades ante a educación e á supresión das discriminacións dos grupos desfavorecidos ante a formación básica, así como o labor realizado por aquelas institucións públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro que se distingan pola súa aportación eficaz á supresión do analfabetismo, tanto o tradicional como o que poda xerar o progreso científico e tecnológico”.
A edición 2010 foi convocada por resolución de 16 de abril de 2010 da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional do Ministerio de Educación. O Concello de Ourense concurriu co proxecto “Universidade Popular, 15 anos educando”, que obtivo a mención honorífica, nunha convocatoria na que o primeiro premio recaeu en Iniciatives Solidaries polo proxecto “Espacios educativos para a integración”.
O programa Universidade Popular oferta no presente curso 2010/2011 un total de 70 actividades formativas e de lecer para adultos sen límite de idade máxima. O programa ven rexistrando un constante incremento, tanto na súa proposta de actividades como no número de participantes. De feito, este ano propón 10 actividades máis que no curso anterior, e participarán un total de 1.800 ourensáns, fronte ós 1.268 do pasado curso 2009/2010. O programa municipal tamén renova constantemente a súa oferta de actividades, e este ano inclúe 25 cursos que son novidade fronte ó anterior.
O programa Universidade Popular agrupa fundamentalmente 3 grupos de actividades: cursos de informática, cursos formativos en diferentes especialidades e obradoiros, coas seguintes propostas:
Informática: Alfabetización informática (2 cursos), Ofimática: Microsoft Word 2010 e Microsoft PowerPoint, Informática útil, Iniciación a Internet, Uso avanzado de Internet, 3 D Studio Max, Photoshop
Cursos: Manexo e control do estrés e da ansiedade: Relaxación, Ioga, Chi Kung (ximnasia terapéutica chinesa), Método Pilates (2), Perruquería, Auto-maquillaxe, Dietas e nutrición, Fitoterapia, Habilidades Sociais, Manipulador de Alimentos, Primeiros Auxilios, Atención e coidados na infancia, Animación infantil, Intervención en infancia e adolescencia en dificultade social, Animación e intervención educativa coa terceira idade, Atención especializada para enfermos de Alzheimer, Asistente persoal na promocion da autonomia persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, Monitor lúdico-deportivo, Marketing e publicidade, Creación dunha empresa, Técnicas de comunicación e arquivo aplicado á empresa, Deseño de interiores e decoración, Técnico en prevención de riscos laborais, Creación poética, Bailes de Salón (con 3 niveis: Iniciación, Medio e Avanzado), Sevillanas (con 2 niveis: Iniciación e Perfeccionamento), Danza Oriental –Danza do ventre, Fotografía analóxica e dixital, Vídeo, Inglés básico I, Inglés básico II, Francés básico, Galego intermedio (preparatorio para probas Celga), Exercitación da Memoria (con 2 grupos), e Cociña (con 2 grupos).
Obradoiros de Arte Floral, Pintura (2), Cestería (iniciación e perfeccionamento), Conservación de antigüidades, Tapizado, Restauración de mobles, Mosaico decorativo, Patchwork, Artes Plásticas, Pirogravado, Encaixe de bolillos, Costura, corte e confección. Especialidade en arreglos, Packami e quilling (envoltorios, deseños de caixas, sobres, bolsas..), Encaixe de bolillos europeos: Shneeberger, Vologda e Tonder, Ilustración medieval, Pintura en tela e seda, Creación de Bisutería, Creación de broches, tocados e complementos para o pelo e Debuxo a carboncillo.
Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense