A Illa de San Simón acolle o I Encontro sobre Nova Arquitectura Portuaria
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/encontros_enxeneria_portuar.jpg)
O encontro, que dá continuidade a unha xornada sobre nova obra civil, celebrada hai dúas semanas en Miño, pretende difundir e poñer en valor a nova filosofía construtiva, que Portos de Galicia quere convertir en símbolo da arquitectura portuaria galega. Trátase dun prantexamento baseado na innovación, a aplicación dos coñecementos técnicos de última xeración, o respecto medioambiental e a integración entre os portos e as vilas que os acollen.
Para este fin, o Encontro contou coas ponencias de reseñados arquitectos galegos. Así, César Portela presentou o proxecto da futura lonxa de Ribeira; Álvaro Romero, o deseño do edificio do clube de remo Amegrove; Gustavo e Lucas Díaz, de Díaz y Díaz Arquitectos, os edificios náuticos de Portonovo e A Pobra; e José Santos, a futura estación marítima de Baiona.
Todos estes proxectos son referencias dun novo modelo de construción de infraestruturas polivalentes, sostibles e eficaces, que teñen acadado o recoñecemento do sector profesional non só en Galicia senón tamén no ámbito nacional e internacional, onde os seus autores foron galardoados.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia