Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Bases de participación na VI Mostra de Curtametraxes Vila de Noia

1º.- A VIª Mostra de Curtametraxes Vila de Noia celebrarase na Vila de Noia (A Coruña), do 9 Ó 14 de Decembro de 2.004.

2º.- A data de realización dos traballos será preferiblemente posterior ó 1 de xaneiro de 2.003, tamén se aceptarán traballos con fecha de 2.002; e a duración máxima de cada corto será de 30 minutos sen contar os créditos finais.

3º.- O tema e xénero dos traballos presentados serán libres. Non serán proxectados aqueles traballos de carácter turístico ou publicitario, nin aqueles que non ofrezan unhas garantías técnicas necesarias para unha correcta proxección. Os traballos poderán ser tanto mudos coma sonoros.

4º.- Só serán seleccionados aqueles traballos nos que os diálogos y/o subtítulos estean en galego ou castelán.

5º.- Ó máximo de obras por autor será de tres, presentándose cada unha delas no seu estuche correspondente.

6º.- A recepción das obras para a selección do programa que entrará en concurso, realizaranse ata as 12 horas do día 26 de Novembro de 2.004. As obras deberán estar producidas en formato cinematográfico de 35 mm., pero cada curtametraxe deberá presentarse previamente nunha cinta de VHS o S-VHS, DVD. Así mesmo dentro da mostra haberá unha sección dirixida a formatos en vídeo, a data límite de recepción deste formato é as 12 horas do 29 de Novembro de 2.004.

7º.- Xunto coa cinta adxuntarase a ficha de inscrición debidamente cumplimentada.

8.- Un comité designado a tal efecto realizará unha selección dos traballos inscritos para determinar os integrantes da Mostra. O Festival comunicará ós seleccionados a súa participación. A xuízo do comité, as curtas non seleccionadas poderán ser proxectadas fora de concurso.

9.- A organización farase cargo da estancia e manutención durante os días da mostra de 2 representantes de cada unha das curtametraxes que entren en concurso.

11.- As obras premiadas recibirán un trofeo conmemorativo da Mostra así coma un premio en metálico.
Os premios estarán dispostos do seguinte xeito:

Mellor Curtametraxe.- 1000 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.
Mellor Dirección.- 500 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.
Mellor Actor.- 300 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.
Mellor Actriz.- 300 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.
Premio Especial do Público.- 500 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.
Mellor Fotografía.- 300 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.
Mellor Guión.- 300 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.
Mellor Producción en Vídeo .- 300 € + Trofeo Conmemorativo da mostra.

12.- Os gastos de envío correran a cargo do participante, o festival non se fará responsable dos deterioros ou perdidas sufridas neste traslado. A organización ten suscrito un seguro para todas aquelas obras que participen na Mostra así mesmo farase cargo dos gastos orixinados da devolución das devanditas obras.

13.- As copias de vídeo enviadas para a selección pasarán a formar parte do arquivo da mostra e entendese que os autores y/o productores dan a súa autorización para facer uso delas e ser exhibidas sen fins comerciais. Así mesmo os datos do autor, obra, fotografía, etc. das curtas poderán ser incluídas en publicacións do festival.

14.- Os concursantes deberán de cerciorarse de que a participación das súas obras na Mostra de Curtametraxes Vila de Noia non dana os dereitos de terceiras persoas. Ademais exime á organización da Mostra de calquera responsabilidade legal na que poidera concurrir.

15.- A inscrición nesta mostra de curtametraxes significa a aceptación total destas bases.
Moncho Vidal, director da VI Mostra de Curtametraxes Vila de Noia