A Cidade da Cultura estrea o ciclo de teatro infantil Titemá, de Galitoon
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/titema.jpg)
As historias de Titemá familiarizarán aos rapaces co mundo do jazz, da pintura ou da linguaxe, ao mesmo tempo que difunden valores como a tolerancia, a creatividade ou o achegamento da cultura galega aos mais novos. Os espectáculos terán lugar no Auditorio da Biblioteca de Galicia os domingos e haberá dous pases, ás 12 horas e ás 17 horas. Todos serán gratuítos.
O ciclo arrinca co “Botazz, o swing do jazz” (22 de maio), pensado para un público a partir dos tres anos. Inspirándose na estética dos debuxos animados da década dos cincuenta e dos sesenta, como “Tom e Jerry”, “Snoopy” ou “Betty Boop”, os nenos coñecerán ao mundo do jazz da man do can Botazz.
Despois será a quenda de “Babiliglub” (29 de maio), un espectáculo de monicreques luminosos que flotan na escuridade para nenos a partir dun ano. Trátase dunha historia que xira en torno a aceptación da diferenza, na que un peixe que só sabe pronunciar a palabra “Miau!” sofre a intolerancia de todos os habitantes do mar que só saben dicir “Non!”.
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/os_limons.jpg)
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia