O Salón do Automóbil Ourensemotor 2011, en Expourense
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/salon_automovil_ourense_11.jpg)
As marcas presentes son: Seat, Audi, Volkswagen, Hyundai, Skoda, Volvo, Saab, Porsche, Ferrari, Maserati, Mitsubishi, Suzuki, Honda, Mercedes, Toyota, Dacia, Renault, Nissan, Subaru, Isuzu, BMW, Kia, Fiat, Alfa Romeo, Sang-yong, Mazda, Rieju e Peugeot Motorcycles. Ademais das marcas de condución sen carnet Grecav e JDM.
Entre as novidades que se van presentar destacan os modelos híbridos e o novo Mercedes Clase C, que será unha primicia na provincia. Ademais, os concesionarios ofrecerán a posibilidade de probar determinados modelos que estarán ubicados á saída do recinto feiral. O espazo comercial complementarase cun área expositiva de 25 motos antigas, coches clásicos e de coches equipados para rallies de terra.
O horario de apertura do salón será o venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xuño, de 11.00 a 21.00 horas de xeito ininterrumpido. A entrada terá un custo de 3 euros.
Ourensemotor ocasión
A cita desta fin de semana complementarase co salón Ourensemotor Ocasión que terá lugar, tamén en Expourense, a fin de semana do 11, 12 e 13 de xuño, e na que as mesmas empresas expositoras ofrecerán vehículos seminovos, km. 0 ou de xerencia.
A organización está estudando a viabilidade de sortear, entre os visitantes aos dous salóns (novo e ocasión), un vale con valor de 6.000 euros para mercar un vehículo de ocasión a elixir entre todas as marcas expositoras.
O horario de apertura deste segundo salón será o mesmo: de 11.00 a 21.00 horas.
Mes do Motor en Expourense
Xuño será o “Mes do Motor” en Expourense. Logo destas dúas fins de semana do salón do automóbil, as instalacións do recinto acollerán, entre o 15 e o 18 de xuño, o 44º Rallye de Ourense. Trátase dun mes de intensa actividade xa que ademais Expourense é o lugar elixido para a celebración do festival Derrame Rock, entre os días 23 e 25.
Silvia Pardo (coordinadora de Comunicación de Expourense)