O I Encontro de artistas novos. Cidade da Cultura de Galicia, en setembro

O encontro, no que cen creadores novos convivirán durante seis días con artistas xa consolidados, con directores de museos, comisarios ou críticos de arte, está dirixido a artistas novos galegos, do resto de España e doutros países, cunha idade de entre 18 e 35 anos e que sexan estudantes ou licenciados en Belas Artes (ou titulación afíns), ou ben cunha traxectoria artística acreditada.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia correrá cos gastos de inscrición, aloxamento -en réxime de pensión completa no Monte do Gozo-, transporte diario entre o Monte do Gozo e a Cidade da Cultura, e viaxes previstos no programa para visitar outros centro culturais galegos, como o museo MARCO de Vigo.
Dirixido por Rafael Doctor Roncero, ex director do MUSAC e comisario independente, o encontro contará con artistas como Pierre Gonnord, Cristina Lucas, Ana Soler, Antonio Ballester, Carles Congost, Daniel Canogar, Victoria Diehl, Rubén Ramos Balsa, Fernando Sánchez Castillo, José Luis Serzo y Suso Fandiño. Xunta a eles, estarán directores de museos, como Miguel Von Haffe, responsable do CGAC ou Iñaki Martínez Antelo, del MARCO de Vigo.
Durante os seis días do encontro, os seleccionados participarán en conferencias e talleres sobre a situación da arte contemporánea. Ademais, para dar unha maior visibilidade aos novos talentos, organizarase “Foro Aberto”, onde trinta creadores terán a oportunidade de expoñeren os seus proxectos. Esta actividade permitirá tamén dar a coñecer as infraestruturas culturais dedicadas a arte contemporánea que existe en Galicia.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia