O Valedor pide informe aos sete grandes concellos galegos para investigar a presenza de menores nos botellóns
O Valedor do Pobo, Benigno López González, decidiu abrir con data de hoxe unha investigación de oficio para investigar a presunta presenza de rapaces menores de idade consumindo alcol nos botellóns despregados cada fin de semana en diferentes puntos da comunidade. Neste sentido
diríxese nun primeiro momento aos alcaldes das sete grandes cidades galegas co fin de que aclaren esta práctica e expliquen as medidas desenvolvidas para frealas.
En cartas remitidas aos alcaldes de A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo, o Valedor informa da apertura dunha investigación para estudiar “este relevante problema”, iniciativa que asume tras coñecer, por diversas fontes, incluídas algúns medios de comunicación, que rapaces menores de idade poderían estar a participar e consumir alcol en diferentes botellóns.
“O interese superior dos menores, recoñecido no artigo 3 da Convención de Nacións Unidas de Dereitos do Neno, esixe que os poderes públicos leven a cabo labores de supervisión para a protección da saúde física e mental dos mesmos”, explica Benigno López González no seu escrito no que alude tamén á lexislación galega que prohíbe que os menores de 18 anos consuman bebidas alcólicas. A mentada norma establece un sistema de infraccións para tratar de asegurar o cumprimento das súas previsións que, segundo o Valedor, no seu artigo 30 habilita aos alcaldes, entre outros axentes, para a competencia sancionadora. “O artigo 38 establece que a administración local debe adoptar as medidas preventivas dirixidas a asegurar o cumprimento do establecido na mencionada Lei e velar polo cumprimento das diferentes medidas de
control”, engade o defensor galego.
Por todos estes motivos, e baseándose no artigo 22.1 da Lei do Valedor do Pobo, procedeu a iniciar a correspondente investigación sumaria e informal para o estudo destes extremos, solicitando aos concellos que faciliten información “en particular sobre as medidas de control, vixilancia e supervisión que se adoptaron ou vanse adoptaran para impedir o consumo de alcohol por parte de menores”.

Gabinete de Comunicación do Valedor do Pobo