Escultura e arquitectura fusiónanse na exposición do valenciano Miquel Navarro na Cidade da Cultura
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou na Cidade da Cultura de Galicia a exposición Figuras para a batalla do artista valenciano Miquel Navarro, incluída no apartado Explorar do programa cultural do Gaiás para 2011 e que se poderá visitar ata o 8 de xaneiro nos espazos exteriores do complexo. Na presentación xunto ao escultor Miquel Navarro e o comisario da mostra, Rafael Sierra, o conselleiro asegurou que “as pezas que compoñen ‘Figuras para a batalla’ establecen un extraordinario vínculo co complexo deseñado por Peter Eisenman”, de xeito que “escultura e arquitectura únense para crear un diálogo de arte e vangarda”. Ao acto de presentación asistiron ademais a directora xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, o director de Acción Cultural, Ignacio Santos.
O responsable de Cultura e Turismo definiu ‘Figuras para a batalla’ como “unha das principais apostas da programación cultural do complexo do Gaiás para 2011, unha exposición inserida nun dos meirandes fitos arquitectónicos do novo milenio”. Ao fío esta idea, o conselleiro destacou que as 24 esculturas en aluminio mariñado “foron deseñadas especificamente para a Cidade da Cultura de Galicia” e salientou “a capacidade para relacionar a obra co espazo no que se insire como unha das principais virtudes da brillante traxectoria escultórica de Miquel Navarro”.
Segundo Roberto Varela, ‘Figuras para a batalla’ amosa que “a arte, a procura de beleza e significado é un dos fíos que ten movido a humanidade dende o principio dos tempos, e ségueo a facer na actualidade”. Deste xeito, o conselleiro afirmou que a batalla que leva por nome o título da mostra é unha “batalla metafórica” que se refire “a loita que todo ser humano afronta día a día por sobrevivir e por superar as esixencias da realidade que nos rodea”.
Na súa intervención, o conselleiro Roberto Varela falou do artista valenciano, Miquel Navarro, como un dos “referentes incontestables do panorama artístico europeo” e destacou a súa faceta como “creador de cidades como símbolo e síntese cultural do ser humano”. Neste sentido, o conselleiro identificou a Cidade da Cultura de Galicia como “gran Cidade que os galegos temos no monte Gaiás”. “O que a fai única en particular é que o que a move é a cultura, o coñecemento, o pensamento, a arte”, engadiu.
24 esculturas de aluminio mariñado
Comisariada polo crítico de arte Rafael Sierra, a serie ‘Figuras para a batalla’ foi realizada expresamente para a Cidade da Cultura de Galicia, onde permanecerá ata o 8 de xaneiro. Composta por 24 esculturas fabricadas en aluminio mariñado macizo mecanizado e dun tamaño duns tres metros e medio de alto, as pezas representan un exército preparado para a loita, guerreiros. O aluminio posúe un aire impersoal, o que contrasta co individualismo de cada peza, onde cada guerreiro é lixeiramente diferente dos outros.
Miquel Navarro alude aos guerreiros de terracota atopados en Xián cando explica as súas influencias. Precisamente estes restos arqueolóxicos foron atopados no ano 1972, cando o artista valenciano iniciaba a súa carreira como escultor. En verbas do seu creador “’Figuras para a Batalla’ é tamén unha composición de figuras escultóricas que representan gardiáns mutantes do tempo como ferramentas, guerreiros ou rañaceos, unha representación metafísica non exenta dun elemento de reflexión sobre a vida, a orde e o desorde, e conceptos como faros, sentinelas, individuos e colectividade”.
Unha das constantes na carreira do escultor valenciano é o seu esforzo por ligar esteticamente as súas esculturas co espazo no que se localizan. Deste xeito, este “exército de guerreiros” establece un diálogo coa arquitectura de Peter Eisenman, compartindo co arquitecto norteamericano a preocupación pola integración do complexo da Cidade da Cultura no contexto do monte Gaiás. A súa localización nos espazos exteriores, entre a Biblioteca e o Arquivo de Galicia, crea, a xuízo de Miquel Navarro, unha “relación enriquecedora” entre escultura e arquitectura, e compón unha escena de enorme potencia, comparando as paredes dos edificios con “acantilados” que protexen aos guerreiros.
Miquel Navarro
Nace en Mislata (Valencia) o 29 de setembro de 1945, onde vive e traballa. Estuda na Escola Superior de Belas Artes de San Carlos de Valencia e comeza a súa carreira como pintor: dende 1972 dedícase case en exclusiva á escultura. Académico da Real Academia de BBAA de San Fernando, o seu traballo caracterízase pola recreación da paisaxe escultórica, en particular o tema da cidade adoita ser o máis significativo.
As súas obras forman parte de importantes coleccións como a do Solomon R. Guggenheim Museum (Nova York); o Instituto Valenciano de Arte Moderno (IVAM, Valencia) ou a do Musée National d’Art Centre Georges Pompidou (París). Entre os múltiples galardóns que recibiu atópase o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1986 ou VIII Premio Internacional Julio González – IVAM 2008.
As súas esculturas ocupan coñecidos espazos públicos de Bruxelas e de cidades españolas como Valencia, Barcelona, Bilbao, Málaga, Murcia, Zaragoza, Xetafe ou Castelló, entre outros. Ademais o seu traballo foi exposto nos principais museos e nas galerías máis destacadas de España (Galería Juana de Aizpuru; Galería Joan Prats; Galería Luis Adelantado; Palacio de Cristal Centro de Arte Reina Sofía; IVAM, MACBA, Fundación Marcelino Botín, Museo Guggenheim Bilbao, etc.) e do estranxeiro (Grand Palais de París; Centro de Arte Wilfredo Lam na Habana; Museo Wilhelm Lehmbruch en Alemaña; Palacio Medici Riccardi en Florencia; a Pinacoteca do Estado de São Paulo e o Museu de Arte Moderna de Río de Janeiro; a Fondazione Giorgio Cini en Venecia; a Galería Marlborough Chelsea de Nova York; Galería Nacional Xordana en Ammán; Museo de Arquitectura de Estocolmo; Museo de Arte Contemporánea Grand Hornu en Bélxica; etc). A súa obra representou a España na Expo de Shanghai en 2010.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia