Ábrese ao público o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou, durante a inauguración do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, que este supón un exemplo de que “Galicia sabe coidar as súas herdanzas, enriquecelas e transmitilas”. “Por iso Galicia foi e será unha realidade perdurable”, incidiu.
Na súa intervención, Núñez Feijóo subliñou que “os petroglifos de Campo Lameiro son o símbolo dun país no que as diferentes xeracións se senten eslavóns dunha andaina común”. “Estas pedras son os anais más antergos da galeguidade”, explicou Feijóo destacando a importancia non só de contemplalas, senón de pór en valor “aos homes e mulleres anónimos” que teimaron por salvalas.
“Aquí non está soamente a pegada dos galegos da Idade de Bronce. Neste acto podemos sentir a presenza dos veciños que coidaron este tesouro”, enfatizou.
Así mesmo, o presidente galego resaltou a estrutura dun parque no que “se reflicte un esforzo para combinar o interese do especialista coa expectativa do profano”. Un equilibrio que, segundo explicou, “non resulta doado”. Así, nas súas vinte dúas hectáreas, o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro recolle un Centro de Interpretación e Documentación ao tempo que recrea unha aldea da Idade de Bronce.
Por último, Núñez Feijóo lembrou que a apertura deste parque é “o primeiro paso da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico” na que, xunto a Campo Lameiro, incluiranse o Parque do Megalitismo da Costa da Morte, o da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las, e o Parque da Romanización de Lugo. “Todos eles –concluíu Feijóo- darán fe de que Galicia posúe unha prehistoria que a acredita como berce da nosa civilización”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia