A videoconferencia incorporarase nas Fiscalías de Galicia, según a Xunta
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, participou, xunto ao fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, na Comisión Mixta Xunta- Fiscalía, onde o Goberno galego se comprometeu a implantar equipos de videoconferencia en todas as Fiscalías de Galicia.
Concretamente, dentro das liñas de actuación do Plan Senda 2014, dotarase de 12 servizos de videoconferencia ás fiscalías galegas dentro dun proceso de implantación global no ámbito xudicial galego que implicará a posta en marcha dun total de 22 servizos nos órganos xudiciais da Comunidade. Ademais, implantaranse sistemas de videoconferencias persoais para a súa utilización por parte dos fiscais.
Precisamente sobre o Plan Senda 2014 falou na reunión da Comisión Mixta a secretaria xeral de Modernización da Xunta, Mar Pereira, quen deu conta dos avances nas actuacións referidas ao ámbito da Fiscalía.
Mar Pereira explicou que dende setembro de 2010 a Xunta puxo en marcha un plan de consolidación do sistema de xestión procesual da Fiscalía, Fortuny, actualizando esta aplicación nas Fiscalías das Audiencias e na Fiscalía do Tribunal superior de Xustiza de Galicia. O nivel de uso de Fortuny foise incrementando durante este período de xeito que no primeiro semestre de 2011 a porcentaxe de procedementos rexistrados en Fortuny foi case un 8 por cento superior ao mesmo período de 2010.
Xestión procesual
Así mesmo os ditames se incrementaron en máis dun 20 por cento e as sentenzas rexistradas case un 35 por cento. Ademais, estase a traballar na integración dos sistemas de xestión procesual da Fiscalía (Fortuny) e do sistema de xestión procesual xudicial (Minerva) para o intercambio información entre ambas aplicacións.
O proceso de actualización de Fortuny estivo acompañado plan de formación entre febreiro e maio deste ano dirixido aos corpos de Fiscais, Xestión e Tramitación das Fiscalías das sete grandes cidades de Galicia. En total, celebráronse 35 cursos, o que supuxo 415 horas de formación das que se beneficiaron 221 alumnos, 110 do corpo de fiscais e 111 do corpo de Xestión e Tramitación.
Finalmente, dentro do plan de renovación de equipamento informático e de xeito conxunto con todos os órganos xudiciais, renováronse todos os ordenadores anteriores ao ano 2005 nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo. Durante o último trimestre do ano continuarase coa renovación destes equipos en Pontevedra, Ourense e Lugo.
Tamén no ámbito da informatización e da modernización tecnolóxica, o conselleiro de Presidencia se comprometeu a implantar de xeito progresivo os mecanismos necesarios para poñer a disposición dos fiscais a posibilidade de acceder de xeito remoto á rede de datos da Administración de Xustiza.
Así, tal e como fixo cos xuíces, a Xunta facilitará o acceso remoto aos recursos dende as súas casas aos fiscais que conten con dispositivos de conexión 3G subministrados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, que a partires do vindeiro ano poderán solicitar esta conexión.
Infraestruturas xudiciais
Outra das cuestións analizadas na reunión foi a das infraestruturas xudiciais, con especial atención á futura rehabilitación da Fábrica de Tabacos da Coruña, na que a Xunta investirá arredor de 20 millóns de euros para rehabilitar o edificio, unha vez alcanzou un acordo para a súa cesión co Concello herculino.
Os fiscais referíronse ao proxecto básico para rehabilitar o edificio e o conselleiro de Presidencia trasladoulles o seu compromiso de que as súas suxestións serán estudadas de cara ao proxecto de execución da obra, que tentará dar resposta ás necesidades dos fiscais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia