O ISSGA e Medio Rural reforzan campaña de concienciación para previr os riscos laborais no agro galego
A Consellería do Medio Rural e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, están a reforzar a campaña de concienciación posta en marcha en 2010 para previr os riscos laborais no sector do agro galego.
Así, a Xunta está a distribuír tres dípticos diferentes para previr a siniestralidade cos tractores, a causada polo uso dos praguicidas e un terceiro informativo sobre a Lei de Prevención de Riscos Laborais (31/95) no sector agrogandeiro. En total, achegaranse aos centros comarcais dependentes de Medio Rural e aos concellos de Galicia 75.000 dípticos. Os exemplares comezaron a distribuírse na Semana Verde de Silleda o pasado mes de xuño.
A campaña, ademais, inclúe este ano novos cursos de formación co obxecto de mellorar as condicións laborais dos traballadores deste ámbito. En 2010, máis de 60 técnicos en prevencións de riscos laborais das organizacións sindicais do sector do agro galego recibiron esta formación grazas ao convenio de colaboración asinado entre as consellerías de Traballo e Benestar e Medio Rural e as organizacións Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias-Upa e Sindicato Labrego Galego - Comisións Labregas.
A directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), Adela Quinzá-Torroja e a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon, presentaron hoxe o balance desta iniciativa que ten unha vixencia de tres anos máis, podendo ser prorrogado por períodos de igual duración en sucesivos plans estratéxicos da Consellería do Medio Rural e do ISGGA.
Así, para o próximo mes de setembro xa está programado un novo curso, que ao igual que os desenvolvidos ao longo de 2010, terá por obxecto a formación de formadores para previr os riscos laborais aos que están expostos os traballadores e traballadoras das actividades do agro, da gandería e do sector forestal. O resto de accións formativas para este ano irase programando en función da demanda existente.
En 2010, impartíronse 4 cursos- un por provincia- por profesores de capacitación agraria dos centros de formación e experimentación agroforestal da Consellería de Medio Rural e co asesoramento técnico do ISSGA. As clases teóricas foron completadas con actividades prácticas centradas no uso axeitado da maquinaria agraria, en especial, dos tractores.
En total leváronse a cabo 60 horas de formación en diferentes materias relacionadas coa saúde e seguridade laboral. Os 46 alumnos que aprobaron o exame final recibiron un certificado oficial da Xunta de Galicia para poder impartir agora cursos aos traballadores e traballadoras deste sector co fin de mellorar as súas condicións laborais.
Para este ano complementaranse as clases prácticas co emprego de material relacionado coa prevención, como equipos de protección individual ou de mediación de ruídos e vibracións.
Mediante este acordo establécese unha estratexia común para a difusión de boas prácticas na seguridade e saúde dos traballadores do sector agro forestal da nosa Comunidade. Deste xeito, márcanse canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información, formación e vixilancia da saúde a traballadores autónomos, co fin de mellorar as condicións de traballo neste eido.
Vixilancia da saúde
Con respecto ás accións dirixidas á vixilancia da saúde, o ISSGA desenvolveu nos primeiros cinco meses de 2011 un total de 67 recoñecementos médicos ao abeiro deste convenio, unha actuación que se completou coa realización de 213 recoñecementos médicos a traballadores autónomos deste sector e a investigación de 143 posibles enfermidades profesionais.
Este convenio contempla, ademais, da impartición dos cursos, a futura acreditación como entidades en formación das organizacións sindicais para impartir formación e a realización de actuacións de vixilancia da saúde a traballadores autónomos por parte do ISSGA ás persoas empregadas en actividades do agro, da gandería e do sector forestal polos riscos aos que están expostos, de xeito especial nas actividades desenvolvidas maioritariamente por mulleres.
Menos accidentes
O número de accidentes con baixa en xornada laboral, no ámbito agrario, diminuíu en 2010 con respecto a 2009. Así, os accidentes rexistrados o ano pasado foron un total de 1.499 (1.407 leves, 87 graves e 5 mortais) fronte aos 1.526 acaecidos o exercicio anterior (1.455 leves, 65 graves e 6 mortais).
No primeiro semestre de 2011 a siniestralidade laboral no sector agrario tamén baixou con respecto ao mesmo período de 2010. Así, nos primeiros seis meses deste ano contabilizáronse 635 accidentes fronte aos 695 acaecidos entre xaneiro e xuño de 2010, o que supón unha redución do 8,63 por cento.
Por último, cabe destacar que a meirande parte dos accidentes ocasionados por envorcos ou atrapamentos co tractor non son sinistros laborais, xa que na maior parte dos casos as vítimas son persoas en idade de xubilación.

Gabinetes de Comunicación das Consellerías de Traballo e Benestar e do Medio Rural