O Colexio Fonseca acolle en agosto a exposición FotoPres la Caixa 09
”la Caixa” instituíu FotoPres en 1982 co obxectivo de recoñecer o traballo dos fotoxornalistas. Ao longo de case 30 anos, o certame fíxose eco dos cambios que se teñen producido na fotografía como medio artístico e de sensibilización diante das situacións de conflito. Agora, a entidade, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), presenta no Colexio de Fonseca unha exposición con 135 fotografías pertencentes aos traballos que foron galardoados na 19ª edición e que teñen como nexo común a reflexión sobre as condicións de vida de diversos países con situacións de conflito. A Obra Social ”la Caixa” outorgou o primeiro premio FotoPres "la Caixa" 09 ao traballo Violencia de xénero en Paquistán, de Emilio Morenatti (Xerez, 1969), unha serie de retratos que o fotógrafo realizou en decembro de 2008 a mulleres paquistanas que sufriran ataques con ácido e que amosaban as secuelas nos seus rostros. A exposición inclúe tamén os traballos Violencia post-electoral en Kenya, de Walter Astrada (Bos Aires, 1974), e Líbano, entre mar e lume, de Alfonso Moral (Valladolid, 1977), segundo e terceiro premios respectivamente. Por último, a exposición presenta tamén os proxectos documentais dos seis fotógrafos que acadaron unha bolsa: Lurdes R. Basolí, Fosi Vegue, Marta Ramoneda, Aleix Plademunt, Mikel Aristregi e Jo Expósito. Así mesmo, proxectarase o documental Do outro lado da cámara onde se mostran as nove miradas sobre a fotografía documental a cargo dos fotógrafos premiados e bolsados.
A exposición FotoPres "la Caixa" 09 poderase visitar no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela (Praza de Fonseca, s/n), do xoves 11 de agosto ao domingo 2 de outubro de 2011.
A mostra consta de 135 fotografías que corresponden a 9 proxectos -os tres premios e as seis bolsas- da edición 2009 de FotoPres "la Caixa".
O primeiro premio foi para Emilio Morenatti que expón o seu traballo Violencia de xénero en Paquistán, unha serie de 10 retratos de mulleres paquistanas nos que mostra as importantes secuelas que sufren despois de seren vítimas da violencia de xénero.
Co segundo premio, Walter Astrada presenta a súa reportaxe Violencia post-electoral en Kenya, realizado durante xaneiro e febreiro de 2008 no país africano. A exposición tamén inclúe o terceiro traballo premiado en FotoPres "la Caixa" 09, Líbano, entre mar e lume, de Alfonso Moral. Neste proxecto, Moral documenta a realidade social no Líbano, afastándose dos estereotipos, a través de dous conceptos: o mar e a terra.
Ademais dos premios, o certame fotográfico FotoPres "la Caixa" 09 tamén outorgou seis bolsas para a preparación de proxectos documentais. Na exposición poderanse ver os resultados destes traballos de Lurdes R. Basolí, Fosi Vegue, Marta Ramoneda, Aleix Plademunt, Mikel Aristregi e Jo Expósito.
Os premios da 19ª edición dos premios FotoPres "la Caixa" déronse a coñecer no ano 2009, despois da deliberación final do xurado entre os 316 traballos presentados, a cifra máis elevada de participación nos premios desde a edición de 2003. Para as bolsas, nesta convocatoria presentáronse 219 proxectos.
FotoPres "la Caixa" é o certame máis veterano e con mellor asignación económica de España para fotografía documental, con tres premios a traballos de fotoxornalismo xa realizados, e seis bolsas a proxectos fotográficos inéditos. Nesta edición de 2009, a dotación ascendeu a un total de 96.000 euros entre premios e bolsas. Os premios levan un total de 42.000 euros (19.000 euros para o primeiro premio, 13.000 euros para o segundo e 10.000 euros para o terceiro), mentres que as bolsas están dotadas con 54.000 euros (9.000 euros para cada un dos seis proxectos galardoados).
Un certame de referencia na fotografía española
Desde a súa creación en 1982, o premio FotoPres converteuse nun dos sinais de identidade da Obra Social ”la Caixa”. Naceu coa vontade de recoñecer o traballo dos fotoxornalistas, ata entón pouco valorado. En edicións sucesivas, a mirada do certame foi máis alá e fíxose eco dos cambios producidos na fotografía como medio e das súas posibilidades para sensibilizar ao espectador ante as situacións de conflito e para crear opinión. Os premios valoran especialmente a capacidade do fotógrafo de captar a esencia dun acontecemento e interpretalo desde o seu punto de vista.
Nestes 25 anos, a fotografía cambiou enormemente. Os xéneros fotográficos diluíronse, produciuse un acercamento e unha consolidación do medio nos circuitos artísticos e, coa irrupción da tecnoloxía dixital, acentuaronse as novas perspectivas e actitudes por parte dos profesionais.
FotoPres “la Caixa” foi testemuña de todos estes cambios, como revela a evolución do certame desde un primeiro acercamento á fotografía de prensa española ata unha posterior aproximación ao concepto de fotodocumentalismo, entendido como o rexistro fotográfico que documenta en profundidade e xera reflexión sobre os diversos aspectos da realidade que nos rodea sen responder a un código estético único. Deste xeito, FotoPres non deixou de vincularse á actualidade social, política e cultural, pero nestas 19 edicións superou o paradigma clásico do fotoxornalismo e apostou por aqueles proxectos que supoñen unha renovación da linguaxe fotográfica.
Entre os premiados figuran nomes claves da fotografía española contemporánea como Cristina García Rodero, Kim Manresa, Ricky Dávila, Enric Folgosa, Lorena Ros, Juan Medina, Pep Bonet, Koldo Chamorro ou Tino Soriano, entre moitos outros.
OS PREMIADOS
Primeiro premio FotoPres "la Caixa" 09
Emilio Morenatti
Violencia de xénero en Paquistán
En Violencia de xénero en Paquistán, Emilio Morenatti traza un percorrido fotográfico polas historias de 10 mulleres paquistanas que sufriron ataques con ácido e pagan de por vida, co seu rostro desfigurado, as liortas entre familias ou o rexeitamento de pretendentes matrimoniais.
A través dunha serie de dez retratos, Morenatti intenta mostrar non só a cara máis cruel do xénero humano, senón, e sobre todo, a loita por sobrevivir nun ambiente marcado polo estigma. Cunha gran dignidade por enriba de todo, valentía, orgullo, tristura ou esperanza mestúranse nos retratos para insinuar distintas maneiras de afrontar a traxedia que impregna a vida de cada unha destas mulleres.
Morenatti (Xerez, Cádiz, 1969), representante do novo fotoxornalismo no noso país, é un dos fotógrafos andaluces máis destacados. Comeza a súa carreira facendo as súas primeiras fotos para un periódico local de Xerez mentres continúa cos seus estudos de delineante. En 1992 empeza a traballar para a axencia EFE cubrindo todo tipo de eventos nacionais e internacionais. En 2003 é contratado pola axencia americana de noticias Associated Press como corresponsal en Afganistán, e establécese en Kabul cubrindo o proceso de democratización do país trala caída do rexime talibán. En 2004 é enviado pola mesma axencia a cubrir o conflito de Oriente Medio desde Gaza e Xerusalén.
O fotógrafo, que foi noticia en diversas ocasións vítima de secuestros e atentados, recibiu, entre moitos outros premios, unha mención de honra no World Press Photo 2007 e é o primeiro español nomeado fotógrafo do ano na categoría de periódicos no certame Pictures of the Year International (POYI) 2008.
Emilio Morenatti cubriu recentemente catástrofes como a de Haití, nun encargo para unha exposición organizada pola Obra Social "la Caixa", e na actualidade está seguindo no terreo os conflitos de países árabes como Exipto ou Libia.
Segundo Premio
FotoPres "la Caixa" 09
Walter Astrada
Violencia post-electoral en Kenya
O segundo premio recaeu en Walter Astrada e a súa reportaxe Violencia post-electoral en Kenya. Astrada realizou este proxecto durante os meses de xaneiro e febreiro de 2008 en Kenya, despois das últimas eleccións presidenciais no país africano -ata ese momento, considerado como un modelo democrático no continente.
Durante aqueles meses, o país deslizouse cara o caos a causa das acusacións do líder opositor, Raila Odinga, e os seus seguidores de etnia luo sobre o proceso electoral para favorecer aos membros da etnia kikuyu, a máis numerosa do país e tradicional dominadora das estruturas de poder. A Cruz Vermella estimou que máis dun milleiro de persoas foran asasinadas a causa desta escalada de violencia étnica e política, e máis de 300.000 víronse forzadas a desprazarse.
Walter Astrada naceu en 1974 en Bos Aires e reside en España desde 2006. Principiou a súa carreira profesional na Arxentina e en 1999 comezou a súa colaboración con Associated Press en diversos países suramericanos. Tamén traballou para a axencia France Press e, nos últimos anos, xa como freelance, especializouse na cobertura informativa de países africanos. Entre os numerosos recoñecementos que recibiu recentemente destacan o primeiro premio na categoría Spot News do World Press Photo (2009), o primeiro premio en fotoxornalismo concedido pola American Photo Magazine e o premio do British Journal Of Photography na categoría de Foto Única.
Terceiro Premio FotoPres "la Caixa" 09
Alfonso Moral
Líbano, entre mar e lume
En Líbano, entre mar e lume, Alfonso Moral documenta a realidade social no Líbano, afastándose dos estereotipos, a través de dous conceptos: por unha banda, o mar e a calma que xera e, pola outra, a terra, que vive momentos de cambio e de conflito. As fotografías que compoñen este proxecto foron tomadas entre os anos 2005 e 2007, e retratan as realidades e os universos completamente distintos da multitude de grupos relixiosos presentes no país.
Alfonso Moral naceu en 1977 en Valladolid. Cubriu os diferentes conflitos en Palestina, Líbano, Siria, Iraq ou Afganistán e colaborou con diferentes medios como El País ou Newsweek. En 2008 recibiu o premio á excelencia de Picture Of The Year. Moral é membro fundador do colectivo de fotografía documental Pandora (www.pandorafoto.com).
OS BOLSEIROS
Lurdes R. Basolí – Caracas: a sucursal do ceo
En Caracas: a sucursal do ceo, Basolí retrata a vida nas favelas. Segundo a súa autora, nestes barrios «a vida vale o prezo dunha bala». Os anteriores proxectos de Lurdes Basolí (Granollers, Barcelona, 1981), centraronse principalmente en conflitos de América central, especialmente no réxime cubano de Fidel Castro e a polémica presidencia de Hugo Chávez. Moitos dos seus traballos publicaronse en revistas de primeira liña como El País Semanal (Benvidos a Chavezlandia), La Vanguardia Magazine (A igualdadse chámase Europa) ou El Mundo Magazine (Os pantasmas de Chernóbil).
Fosi Vegue – Grandes éxitos
Grandes éxitos é un ensaio fotográfico sobre unha sala de festas que tivo a súa época dourada na década de 1970. Seu autor, Fosi Vegue retrata a decadencia dun escenario de glorias pasadas. Nado en Talavera (Toledo) en 1976, Vegue é membro do colectivo Blank Paper (www.blankpaper.es) e exerze como director e profesor na escola deste mesmo colectivo. Na súa traxectoria como fotoxornalista destacan premios como os de Fotografía Documental ARCO’07 e numerosas exposicións en todo o país.
Marta Ramoneda – Khusra. Transxénero en Paquistán
En Khusra. Transxénero en Paquistán, Marta Ramoneda achégase ao cotián e ao complexo rol social dunha comunidade de transexuais nesta república islámica. Nada en Sabadell en 1977, Ramoneda licenciouse en Dereito e en Antropoloxía Social e Cultural, pero especializouse no mundo da fotografía. Colaborou en importantes publicacións de nivel internacional como Newsweek, Stern, Paris Match ou View Magazine e está representada pola axencia de Nova York Polaris Images.
Aleix Plademunt – DubaiLand
Dubai Land é un ensaio sobre a cidade que máis está a crecer no mundo: Dubai, un dos sete emiratos que integran os Emiratos Árabes Unidos. Plademunt pasea por esta megacidade de novas xeografías e novas iconas, onde atopa a escenificación das tendencias e os valores do mundo occidental. Aleix Plademunt nace en Girona en 1980. Despois de cursar un posgrado de fotografía en México, comeza a súa carreira, expoñendo en certames tan recoñecidos como ARCO (2007 e 2008), Miami Art (2007), London ART (2007) ou no Círculo de Belas Artes de Madrid (2008).
Mikel Aristregi – -40ºC/96º
Para o proxecto -40ºC/96º, Mikel Aristregi viaxou á capital de Mongolia, Ulan Bator, para documentar os estragos que o alcol causa entre os vagabundos da cidade. Aristregi nace en Hernani en 1975, licénciase en Xornalismo e especialízase en Fotoxornalismo e Captación Dixital. Os seus traballos publicaronse no xornal El Segre, onde foi corresponsal no val de Arán. Neste enclave centrou gran parte dos seus proxectos, como Rue 24, presentado no SONIMAG'07 e na Bienal de Fotografía Xavier Miserachs.
Jo Expósito – Hóspedes de Deus
En Hóspedes de Deus, Expósito relata en imaxes a convivencia en Barcelona cun grupo de persoas de orixe subsahariana, inmigrantes e en situación irregular. Nado en Barcelona en 1973, Expósito comeza a súa carreira como axudante de importantes artistas como Pere Peris ou Cristina Rodés. Despois empeza a publicar os seus propios proxectos e desde hai algúns anos centra o seu labor na investigación e creación de proxectos visuais, profundizando no concepto da «realidade migrante».
FOTOPRES 1982 – 2009
FotoPres "la Caixa" 09 é a decimonovena edición do certame fotográfico creado en 1982 pola Obra Social ”la Caixa” co obxectivo de estimular a creatividade no eido do xornalismo gráfico, así como de contribuír á consolidación no noso país dun fotoxornalismo contemporáneo.
Naqueles momentos non existía ningún outro premio similar de fotografía en España, o que contribuíu a que FotoPres se consolidara rápidamente como o certame de referencia no sector do fotoxornalismo español. En 1983, na súa segunda edición, xa tivo unha gran acollida entre os profesionais, cunha participación de 168 proxectos.
Durante os primeiros dez anos, FotoPres celebrouse anualmente con tres premios en diferentes categorías: natureza, retratos, política e sociedade, cultura e espectáculos e instantáneas. Nesta primeira época, a finalidade do concurso era incentivar o traballo dos informadores gráficos, así como difundir e concienciar sobre a importancia da imaxe no mundo moderno e, especialmente, no proceso social de comunicación.
En 1993 prodúcese un cambio importante na historia do certame. A transformación vertixinosa do xornalismo e da fotografía de prensa levan á Obra Social ”la Caixa” a reformular o certame incidindo na reivindicación do papel da fotografía de autor e recoñecendo os criterios narrativos, estéticos e expresivos contemporáneos con independencia do tema fotográfico.
A partir daquela, renovase o formato do certame e convírtese en bienal. Abandónanse as categorías pechadas e dáse liberdade aos fotógrafos para que propoñan as súas imaxes con independencia dos temas de actualidade que traten. En 1993 prémianse por vez primeira series completas en lugar dunha soa fotografía e redúcese o número de premios a un primeiro, segundo e terceiro, valorando non só a actualidade da imaxe, senón sobre todo a súa calidade estética e documental, e máis a súa contribución á renovación da linguaxe fotoxornalística.
Esta nova formulación fixo posible a creación de bolsas para proxectos fotográficos. O obxectivo era que os fotógrafos puideran elaborar e realizar proxectos fotográficos que, pola súa envergadura e complejidad ou, simplemente por motivos presupuestarios, quedaban fóra do seu alcance como freelances ou do traballo diario nun xornal. Queríase fomentar o tratamento en profundidade, comprometido e sensible dos temas propostos.
Para moitos dos galardoados ou bolseiros, FotoPres supuxo un trampolín para impulsar a súa carreira profesional. Boa proba disto é que, de entre os últimos premiados, moitos deles acadaron recoñecementos de prestixio nacional e internacional como o World Press Photo, os premios Ortega y Gasset ou o Nacional de Fotografía. Ademais, na nómina dos premiados por FotoPres hai fotógrafos que pertencen ás axencias de fotografía máis importantes do mundo, como Magnum, Reuters ou Associated Press, e que publican con regularidade en diarios e suplementos como Newsweek, Time, The Sunday Times ou El País.

Gabinete de Comunicación de la Caixa