Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

ADEGA advirte que a sentenza do TC sobre a xestión do P.N. por parte das autonomías pode ser unha traxedia

A Xunta de Galicia ten xa neste momento ao seu cargo diferentes espacios naturais, xestionados desafortunadamente. Non hai máis que lembrar que a Xunta de Galicia xa é responsábel actualmente da conservación da futura Rede Natura 2000 e que esta atópase completamente desamparada; a Consellería de M.A. non só non protexe os seus espacios naturais ao seu cargo senón que é cómplice co resto de Consellerías da Xunta de Galicia de proxectos e actuacións moi lesivas. En definitiva non é unha institución protectora senón claramente agresora. Se quere amosar a súa competencia e pertinencia na conservación do medio ambiente xa o podía ter feito dente hai tempo. Chama, neste senso, poderosamente a atención que o Conselleiro, Barreiro, solicite máis fondos para a xestión do P.N. das Illas Atlánticas: podería tamén solicitar mais fondos cando se elaboran os orzamentos da Xunta
de Galicia para a conservación dos espacios naturais que ten xa ao seu cargo; se non o fai é porque non lle interesa. Con esta sentencia desmantélase a rede de Parques Nacionais, polo que a partir de agora estes, inda que conserven a súa denominación, serán meros Parques Naturais de facto, o que supón unha perda de categoría. Consideramos que a fórmula da co-xestión era a axeitada. Queremos igualmente destacar que o actual organismo Parques Nacionais do Ministerio de M.A. ten uns cadros técnicos con alta competencia, o que contrasta cos raquíticos e ninguneados cadros técnicos da Xunta de Galicia o que supón un plus de risco para o futuro do P.N. das Illas Atlánticas. Neste senso hai que lembrar que o ex-Conselleiro Carlos del Álamo presidiu o Padroado do P.N. das Illas Atlánticas, asegurando paralelamente que non había ningún espacio natural afectado pola marea negra do Prestige, o que non é máis que cinismo e/ou ignorancia; tampouco lle causou ningún conflicto moral presidir o Padroado e licitar cunha das súas empresas nun concurso do propio P.N.,  en outubro de 2003, precisamente para paliar os efectos do verquido do Prestige. Se este é o modelo de futuro, hoxe é un día tráxico para o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Adega