O I Foro Espazos para a Cultura reúne no Gaiás a expertos do MoMA
A Cidade da Cultura de Galicia reunirá os días 8, 9 e 10 de novembro a prestixiosas institucións culturais a nivel mundial no “I Foro Internacional de Espazos para a Cultura”, no que se darán cita representantes de centros como o MoMA de Nova York, o IRCAM-Pompidou de París o Barbican Centre de Londres ou a Biblioteca de Alexandría, entre outros. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe na Biblioteca de Galicia esta primeira edición do foro internacional, que se desenvolverá baixo o título ‘Infraestruturas culturais: sustentabilidade e retos de futuro”, nun acto que contou coa participación ademais da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González, e o director de Acción Cultural da fundación, Ignacio Santos.
Segundo o conselleiro Roberto Varela, a celebración no Gaiás do “I Foro Internacional de Espazos para a Cultura” afonda no papel da Cidade da Cultura “como laboratorio de ideas e espazo para o debate”. Do mesmo xeito, afirmou que esta iniciativa “dá cumprimento a un dos obxectivos básicos do complexo do Gaiás: o de converterse en embaixador de Galicia ante as principais institucións culturais do mundo”. En palabras de Roberto Varela, “a cantidade, pluralidade e importancia das institucións que teñen previsto participar nesta cita permitirá abordar de forma integral os retos que os espazos culturais teñen por diante en pleno século XXI, atendendo de xeito especial ao novo escenario socioeconómico que se está a configurar a nivel mundial”.
Neste contexto, o conselleiro de Cultura incidiu no dobre beneficio que a cultura aporta á nosa sociedade, porque por unha banda, “constitúe un vehículo esencial para a expresión, a creatividade e a identidade dun pobo”; e por outra, “é unha industria cun notable potencial para dinamizar a actividade produtiva dunha rexión ou país”. Por último, destacou que as conclusións deste encontro “significarán un novo pulo á imaxe da Cidade da Cultura e da nosa Comunidade alén das nosas fronteiras”.
Unha cita coas principais institucións culturais do mundo
A primeira edición do “Foro Internacional de Espazos para a Cultura” analizará o papel das infraestruturas culturais como factores de desenvolvemento económico, como polos para atraer proxectos empresariais ou como plataformas para a proxección da imaxe dunha comunidade no exterior. Con este foro, a Cidade da Cultura abre un espazo onde as infraestruturas culturais poderán cuestionarse e intercambiar estratexias para afrontar os novos retos derivados dun tempo cambiante.
Nas diferentes sesións abordaranse aspectos como as consecuencias da evolución que sufriron nas tres últimas décadas as infraestruturas culturais, pasando de espazos dedicados case exclusivamente á exhibición de obras de arte, organización de concertos ou a impartir formación, a centros que programan unha multitude de actividades para públicos cada vez mais diversos. Abordaranse tamén cuestións como a necesidade de buscar alternativas de financiamento no patrocinio privado ou en fórmulas como as coproducións ante uns orzamentos públicos cada vez máis reducidos. O foro reflexionará sobre a proliferación de centros culturais, con ofertas e proxectos diversos, ou sobre a necesidade de incrementar a cualificación dos equipos humanos.
A conferencia inaugural correrá a cargo de Ismail Serageldin, director da Biblioteca de Alexandría. Ademais, participará Allegra Burnette responsable do MoMa.org; Natalio Grueso, director do Centro Niemeyer; José Guirao, director de “La Casa Encendida”; Louise Jeffreys, director de Programación do Barbican Centre de Londres; Chistropher J. Mossey, vicepresidente de The Julliard School – Lincoln Center; Frank Madlener, director del IRCAM-Pompidou; Rui Vieira Nery, director de Educación para a Cultura da Fundaçao Calouste Gulbenkian de Lisboa; Sheryl Kolasinski, directora de Operacións e Infraestruturas do Smithsonian (Estados Unidos); Josep Ramoneda director do CCCB-Centre de Cultura Contemporània de Barcelona; Peter Weibel director de ZKM (Alemania); Bruno Assami, director xerente do MASP-Museo de Arte de Sao Paulo Assis Chateaubriand; e Susan Sollins, directora executiva e comisaria da cadea de televisión estadounidense Art21 PBS.
Inscricións
O aforo é de cen prazas: oitenta para profesionais do ámbito da xestión cultural e vinte para estudantes. O custe será de 50 euros para estudantes e 80 para profesionais. Os interesados atoparán en www.fiec-cidadedacultura.org o boletín de inscrición e toda a información necesaria. O prazo de admisión de solicitudes rematará o luns 24 de outubro. Debido a la limitación do aforo, todos o que non poidan participar poderán seguir o foro en streaming na dirección www.fiec-cidadedacultura.org

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia