Preséntase Folks from here and there, a tradución ao inglés de Xente de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou na Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a publicación Folks from here and there, tradución ao inglés da obra Xente de aquí e de acolá de Álvaro Cunqueiro do que en 2011 se cumpren cen anos do seu nacemento. No acto, o conselleiro estivo acompañado polo director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López Rodríguez, e polo tradutor e codirector da editorial Small Stations Press, Jonathan Dunne.
A presentación desta obra coincide co centenario do nacemento do escritor mindoniense e co Día Internacional da Tradución, que se celebra hoxe, venres 30 de setembro. No seu discurso, o conselleiro de Cultura e Turismo destacou que Folks from here and there, da editorial Small Stations Press e traducido pola profesora Kathleen March, “supón o primeiro libro de Cunqueiro editado en inglés nos últimos quince anos”.
O conselleiro agradeceu a Kathleen March, primeira presidenta da Asociación Internacional de Estudos Galegos, o seu traballo para “verter ao inglés a prosa única do autor mindoniense, nun acto que constitúe un novo chanzo na reivindicación da súa universalidade”. Engadiu que, cen anos despois, “a fascinación pola obra de Cunqueiro non ten minguado; ao contrario, a súa perenne orixinalidade garántelle un posto entre os escritores máis anovadores do século XX”.
Roberto Varela gabou a importancia de Folks from here and there, ao tempo que recoñeceu que “non é doado traducir a Cunqueiro, principalmente pola riqueza do seu léxico, pola súa facilidade para xogar coas palabras e pola súa sintaxe”. Nesta liña, sinalou que tamén “é unha gran responsabilidade traducir a un tradutor” e asegurou que editar este libro “significa honrar a alguén que cualificou a tradución de escola e fiestra”. “Folks from here and there é unha homenaxe a un home preocupado como poucos por achegar literatura e lectores”, engadiu.
No seu discurso, o titular de Cultura e Turismo lembrou unhas palabras do propio Cunqueiro nas que aseguraba que “hai que traducir ao galego aquilo que é urxente que sexa dito entre nós. Hai que botarse fóra e dicir –con boca doutros, mais feito noso- aquilo que os galegos deben saber”. Nesta ocasión, o conselleiro apostou por “dar volta ás súas palabras e afirmar que é preciso dicirlle ao mundo aquilo que debe saber acerca dos galegos”.
Roberto Varela recoñeceu que, para lograr este obxectivo, Xente de aquí e de acolá “preséntase como unha gran elección”, xa que lembrou que na triloxía que compón canda Escola de Menciñeiros e Os outros feirantes, “Cunqueiro afástase dos Sinbad, Merlín ou Hamlet e achégase ás nosas xentes, ás nosas terras e aos nosos costumes”. “O lector anglófono que se adentre en Folks from here and there coñecerá de primeira man o talento dun dos grandes xenios da literatura galega e, ao tempo, achegarase á cultura popular de Galicia e á esencia das nosas xentes”, aseverou.
Proxección da cultura galega
Por todo isto, Roberto Varela amosouse convencido de que este volume “contribúe a proxectar a cultura e a identidade da nosa terra” ao tempo que lembrou que a tradución de textos fundamentais da literatura galega ao inglés “é un labor no que estamos a traballar con decisión desde a Consellería de Cultura e Turismo”. Nesta liña, recordou “a publicación de dúas antoloxías das nosas letras e a obra poética de Lois Pereiro, ademais do libro de Álvaro Cunqueiro”.
O conselleiro rematou a presentación agradecendo o traballo de Kathleen March e a colaboración de Jonathan Dune na tradución e edición da tradución ao inglés de Xente de aquí e de acolá no centenario do nacemento do autor. Para rematar, Roberto Varela subliñou que “Galicia é unha terra de grandes creadores e de excelente literatura” polo que apostou porque “a obra dos nosos escritores sexa cada vez máis coñecida e, sobre todo, máis lida”. “Folks from here and there axudaranos a seguir crecendo nese camiño”, engadiu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia