Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Xunta reitera o seu compromiso co sector téxtil e o seu apoio a Barreras

A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, salientou o apoio do departamento que dirixe Javier Guerra ao textil “como un sector estratéxico para a economía galega”. Castro, quen participou na inauguración da tenda insignia e show room da firma galega Viriato en Santiago de Compostela, recordou como un paso fundamental no apoio de Economía e Industria a prol do sector o impulso para a creación do cluster do textil e da moda, Cointega (Confederación de Empresas Textiles de Galicia), no que tamén participan as tendas e que traballa en constante colaboración coa Consellería de Economía e Industria.

A directora xeral de Comercio, cualificou de “aposta innovadora” a apertura desta nova tenda, situada nunha antiga fábrica de chocolate, e felicitou á empresa por abrir un novo establecemento comercial no actual contexto económico. Nava Castro manifestou que “as tendas son unha peza imprescindible para o textil, xa que son, nunca mellor dito, o escaparate da moda galega, tanto na nosa comunidade, amosando a excelencia e a calidade dos produtos aos galegos e a todos os que nos visitan, como a nivel nacional e fóra das nosas fronteiras”.

A Consellería de Economía e Industria ten en marcha o Plan Textil Moda, Visión 2020, para vertebrar o sector, apoiar a súa reestruturación financeira e organizativa, e conseguir mellorar a súa competitividade a través da promoción e a innovación, consolidándoo como referente para a súa internacionalización.

A Xunta mostra novamente o seu compromiso con Barreras á espera do seu plan de viabilidade

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mantivo unha reunión cos accionistas do estaleiro que lle manifestaron que a incertidume provocada polo tax lease complica a elaboración dunha planificación

Guerra fixo fincapé na necesidade dun proxecto que garanta o futuro da empresa e sinalou que “Barreras se comprometeu a propoñernos, alomenos comercialmente, as alternativas detalladas que teñen neste momento”

Guerra salientou que a Xunta está comprometida coa saída adiante deste estaleiro de vital importancia para o sector naval e auxiliar

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, reuniuse cos accionistas do estaleiro Barreras aos que mostrou novamente o compromiso da Xunta coa empresa á espera do seu plan de viabilidade. Os propietarios manifestaron ao conselleiro que a incertidume provocada polo tax lease lles impide deseñar un plan real que reflicta o futuro do estaleiro e a contratación de novos buques.

O conselleiro fixo fincapé na necesidade dun proxecto que garanta o futuro da empresa e sinalou que “a dirección de Barreras se comprometeu a propoñernos, alomenos comercialmente, as alternativas detalladas que teñen neste momento”. “En base a iso, poderemos saber, unha vez superada a situación do tax lease, como pode quedar o concurso de acredores e como poden establecer eles a contratación dos próximos barcos”, puntualizou Javier Guerra.

Guerra salientou que a Xunta está comprometida coa saída adiante deste estaleiro e de todo o sector e a industria auxiliar. O conselleiro apuntou que “é indispensable que a Comisión Europea solucione favorablemente o tema da suspensión do tax lease nun plazo moi breve de tempo, xa que está a afectar gravemente aos estaleiros como Barreras, especialmente polo tipo de buques, de gran tamaño, que teñen que contratar”.

Fotografía: arquivo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia