A obra dos ilustradores de contos infantís Xoana Almar e Miguel Peralta, na Bliblioteca Ánxel Casal de Santiago
A Consellería de Cultura e Turismo abre ata o 30 de novembro na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal unha exposición que amosa a obra común dos ilustradores Xoana Almar e Miguel Peralta no campo do conto infantil. Os cadros pertencen aos libros Que lle acontece a avoa? (escrito e ilustrado polos dous artistas) e Os lunares de Lola (escrito por Raquel Álvarez), ambos publicados pola Editorial Triqueta Verde.
Asemade, poderase ver parte dos seus novos proxectos de contos ilustrados, e outras obras persoais. Nos orixinais aprécianse todas as técnicas e materiais empregados, difíciles de reproducir na impresión: texturas, relevos, cores, así como os elementos de collage atopados en diferentes espazos abandonados. A exposición amosa o valor da conversa en palabras e imaxes no traballo e crecemento conxunto dos autores.
Xoana Almar (Xoana Álvarez Martín) e Miguel Peralta son dous artistas formados en Granada e afincados en Santiago que uniron os seus estilos para crear unha obra e un universo conxunto. A Biblioteca Ánxel Casal xa contou coa súa inestimable e desinteresada colaboración para a confección dun mural colectivo en homenaxe á obra de Neira Vilas Querido Balbino.
O deseño, así como a coordinación dos rapaces para colorealo, correspondeu a ambos artistas. Este mural pódese contemplar de xeito permanente no Salón de Actos da Biblioteca. A totalidade da obra de Xoana Almar e Miguel Peralta tamén se pode visitar na páxina: www.almaraver.carbonmade.com e no blog: www.riquinho-e.blogspot.com.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia