Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Inaugurada en Lugo a mostra retrospectiva Vázquez Cereijo 1970-2000

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, Mario Outeiro, participou na inauguración da mostra “Vázquez Cereijo: 1970-2000”, que expón unha importante parte da obra deste artista lucense no Museo de Lugo. No acto tamén estivo presente o propio José Vázquez Cereijo, ademais da directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, a xerente da rede museística, Encarna Lago, e o concelleiro de Cultura de Lugo, Antón Bao. A exposición permanecerá aberta ao público até o vindeiro 29 de febreiro de 2012.


Vázquez Cereijo é un recoñecido pintor, gravador e poeta que naceu en Lugo, na mesma casa que o seu tío Luís Pimentel, e del o delegado de Cultura da Deputación destaca a “súa fidelidade con Galiza e tamén a Lugo”. Mario Outeiro comentou a intención de Vázquez Cereijo de “ceder outra obra ao Museo de Lugo, que ven a sumarse ás xa doadas hai anos: ‘Luz de inverno’ e ‘Os aparecidos’ ao Museo Provincial, un xesto importantísimo para esta institución xa que se mantén así o espírito que fixo posible que o Museo de Lugo chegara a ser o que é”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo