A norteamericana Alyce Santoro creará paisaxes sonoras no Gaiás
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/alyce_santoro.jpg)
No obradoiro, Alyce Santoro organizará expedicións sonoras nas que os participantes, equipados con gravadoras dixitais ou teléfonos móbiles recorrerán o complexo gravando sons. A través destes rexistros individuais crearán collages co obxectivo de afondar nos límites do concepto tradicional de música.
Os participantes coñecerán tamén os traballos artísticos que Alyce Santoro leva cabo dende fai algúns anos tomando como materia prima o ’sonic fabric’, unha tea sonora elaborada a partir da finta magnética das antigas casetes e que ten a propiedade de sonar cando se frega cun cabezal dun reprodutor, como os vellos walkman.
O traxe sonoro galego
O proxecto que Alyce Santoro leva a cabo dentro do ciclo ‘Ruído de Fondo’ ten por obxecto a confección dun traxe sonoro galego, elaborado a partir de fintas magnéticas de casetes con gravacións enviadas por cincuenta bandas e músicos galegos, entre as que se atopan dende bandas de pop, electrónica a grupos de música clásica, popular e mesmo medieval.
A tea xa está elaborada e agora é a quenda de deseñadores galegos, que serán os encargados de elaborar as prendas de roupa. Será en decembro cando o resultado deste traballo se presente ao público nun espectáculo organizado na Cidade da Cultura, no que se combinará a danza e a performance.
Entre os grupos, músicos ou colectivos que participaron neste proxecto enviando as súas gravacións están Nadadora, Niño y Pistola, Igloo, Julio de la Rosa, Holywater, Berrogüeto, Central Folque de Santiago de Compostela, Marful, Martín Codax, O.M.E.GA, Carlos Suárez, Sirgo Torcendo, Escoitar.org, Ernie Producciones, Falcatruada, Septi, Jane Joyd, Música Mundana, 2uS, Caramuxo, Das Kapital, Voltaica, Glassonion, Doctor Buenas Gracias, Franc3s, Madame Cell, Mano de Obra, Marimontaña, Meninos Carentes, The Mirage, Murmel Bruxas, Dr. Think, Aquófono, Pel De Noz, Phantom Club, Roger de Flor, Samuel Levi, Telémaco, Tora! Tora! Tora!, Transilvanians, Zimmer 103, Espido, Xabier Diaz e Guillerme Fernandez, Lizgairo, Atlántica Vapora Orquestra, Descarga Ao Vivo, Ugia Pedreira e Fred Martins, Maryland, , La Familia, Grupo 1500, Arte en Parte, Omega Brass Ensemble, Arabel Moráguez, Nordestinas, Silvia Penide, Linho do Cuco, Ariel Ninas, Ecléctica Ensemble, Habelas, Xabier Diaz.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia