A Cidade da Cultura e a Real Academia Galega acollen o Congreso Lois Pereiro entre o 15 e o 17 de decembro
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/lois_pereiro_horizontal.jpg)
O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos recordou que a obra de Lois Pereiro “ofrécenos unha forza creadora verdaderamente auténtica, de estética profunda e desenvolta desde si mesmo, onde o autor móstrase alleo aos modelos seguros que dan acceso ao recoñecemento”. Segundo Francisco López, na figura de Lois Pereiro “hai un atrevemento superior ao incorporarse ao universo dos clásicos, porque con el sabemos que a nosa escrita está nese nivel por dereito propio, e que pode expandir a súa mensaxe na confianza de que ofrece algo importante para o mundo contemporáneo”.
Francisco López recordou que a Consellería de Cultura e Turismo vén colaborando na promoción da obra do escritor monfortino organizando actos e exposicións interactivas en bibliotecas e centros escolares e colaborando na edición da novela gráfica de Jacobo Fernández, que recolle o esencial da súa personalidade. Asemade, o director xeral destacou o lanzamento ao escaparate internacional da obra completa, en edición bilingüe, castelán-galego, con prólogo de Pere Gimferrer (que ofrecerá este xoves a lección inaugural deste congreso) e a tradución ao inglés dunha antoloxía de Jonathan Dunne, coa que se abriu a colección ‘Galician Classis’. SegundoFrancisco López, “estas son algunhas das mostras a través das que creemos que Lois Pereiro pode deixar o seu maxisterio en calquera biblioteca de calquera país”.
Deste xeito, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, asegurou que “neste ano 2011 vai quedar gravado o nome de Lois Pereiro con esta sanción tan especial que lle confire a homenaxe do gran día da lingua propia de Galicia”. “Este ano sí que podemos dicir que grazas a colaboración de distintas institucións o labor que conduce á difusión da súa escrita chegou, por fin, a toda a nosa sociedade”, engadiu. Por último, Francisco López afirmou que “con este congreso poremos un punto e á parte no curso desta obra tan excepcional como a súa figura, pois concluído o ano, Pereiro ten forza abonda para facerse un lugar como autor de referencia en calquera sitio, e o feito da relación de especialistas que participarán neste congreso demostra esta realidade”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia