Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Conmemórase o 30º aniversario dos símbolos de Galicia: a bandeira, o escudo e o Himno Gelego

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda destacou en Ponteceso, o sentimento de orgullo e unión dos galegos, mediante os símbolos que reflexan a identidade de Galicia, que son o himno, o escudo e a bandeira galega. Rueda resaltou a importancia dos nosos símbolos, que perduran a través dos tempos, e que a nosa identidade non se entendería sen a nosa cultura, a nosa lingua e sen os nosos símbolos.

A bandeira galega é unha icona que representa ao noso país, que ondea en todos os nosos edificios oficiais, e permanece vinculada aos nosos emigrantes xa que está permanentemente presente en todas as Casas de Galicia e centros galegos espallados polo mundo, e que acollen a milleiros de emigrantes e fillos de emigrantes, que ven na nosa bandeira galega un símbolo de unión ca Galicia que tan lonxe teñen.

Segundo palabras do conselleiro, o escudo galego é un dos mais importante símbolos de unión dos galegos, xa que recolle as sete cruces que representan as sete antigas provincias galegas coma parte dun proxecto común que é Galicia, necesario hoxe máis que nunca, sendo preciso recoller este espírito de unión e cooperación, e aproveitalo para facer fronte a estes tempos difíciles. Ase mesmo, Alfonso Rueda, destacou a importancia de superar localismos e traballar unidos para conseguir unha Galicia mellor.

Rueda asistiu ao Acto de Conmemoración do 30 aniversario da oficialidade dos símbolos de Galicia outorgada polo Estatuto de Autonomía de Galicia, que tivo lugar no Centro Sociocultural de Ponteceso, onde tamén destacou a labor da Fundación Eduardo Pondal na difusión e divulgación da cultura galega. No acto, preto de 200 escolares interpretaron o Himno de Galicia.

Simbolos de Galicia
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia