1.250 nenos ourensáns participan en “Contacontos”, que motiva á lectura por medio da ilustración e a oralidade
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/ourense.jpg)
A principal novidade da edición deste ano foi a posibilidade por parte dos cativos de escoller a versión dos contacontos, tanto en galego, como en castelán ou en inglés. Deste xeito, preténdese motivar á lectura por medio da ilustración e a oralidade, á vez que se fomenta a aprendizaxe dos propios idiomas.
Na actividade participaron profesores da Escola Municipal de Artes Escénicas, que fixeron partícipes ós nenos para que pasen de ser meros espectadores, a xogar un papel activo na función. O tema globalizador do programa de Animación á Lectura, na que se enmarca a actividade, son este curso os ríos, as termas e as fontes da nosa cidade.
Concello de Ourense