Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Encontro Irmandiño decide nomear unha comisión para dialogar co BNG

A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño reunida onte mércores para decidir sobre a aplicación dos acordos da Asemblea celebrada o
domingo día 12 de febreiro, nomeadamente sobre o a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal e o inicio dos contactos e métodos para a converxencia con todas aquelas persoa e grupos que estean polo novo referente político do nacionalismo, adoptou os seguintes acordos:

1º. Comisión para dialogar co BNG

Dirixirse de novo, e por escrito, á dirección do BNG a través do seu Portavoz Nacional Guillerme Vázquez para solicitar de inmediato unha reunión para tratar sobre a separación sexa en “boa avinza” e se poida seguir cooperando e respectando a unidade de acción onde for preciso co obxectivo fundamental de seguir respondendo ás expectativas depositadas nelas pola cidadanía no nacionalismo, co que en principio xa se tiña manifestado de acordo o luns pasado.

A Coordinadora manifesta un vez máis a vontade de que os grupos municipais nacionalistas poidan seguir traballando con normalidade ao servizo dos cidadáns. A este respecto a Coordinadora designou a Concha Trigo e Mario López Rico para, conxuntamente co portavoz Nacional Xosé Manuel Beiras, integrar a comisión do EI para falar co BNG.

2º. Grupos de base a prol do “Novo Proxecto Común”

Continuar o proceso de abaixo cara arriba e facer xuntanzas abertas para
impulsar grupos de base nas localidades e comarcas conxuntamente con todos aqueles que se identifiquen coa idea do novo proxecto común para comezar a falar do mesmo e do xeito de concibir esa nova organización nacionalista co centro de gravidade na esquerda.
Mario López Rico (Comunicación do Encontro Irmandiño)