Os centros comerciais apostan pola 19ª Mostra da Oportunidade
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/mostra_oportunidade_expoure.jpg)
Esta edición da Mostra da Oportunidade contará coa participación dos Centros Comerciais da provincia de Ourense que viron nesta cita unha excelente ocasión para a liquidación dos seus stocks e para poñerlle o broche final ás rebaixas de inverno. Estarán presentes as asociacións de Ourense Centro, do Couto, a de Verín e o Centro Comercial Pontevella. Os establecementos asociados contarán cun espazo en feira para ofrecer os seus produtos (téxtil, decoración, alimentación, etc.) a prezos vantaxosos para os milleiros de visitantes que agarda recibir a Mostra da Oportunidade.
Expourense realizou ademais unha acción especial coa Asociación Ourensá do Moble e a Deocración (ACMO) para potenciar a presenza deste sector na Mostra e que as empresas poidan ofrecer os seus stocks nesta cita. O moble será, polo tanto, un dos produtos que ocupen a maior superficie en feira ofrecendo varios estilos para as distintas estancias do fogar. Destacará ademais a oferta en automoción.
30% de desconto en RENFE
Aqueles que se decidan a visitar Ourense en tren para acudir á Mostra da Oportunidade, entre o 2 e o 4 de marzo, poden beneficiarse dun 30% de desconto en todas as liñas de RENFE, AVANT incluído. Para obter este desconto é preciso presentar o bono que se pode descargar na páxina web de Expourense, www.expourense.org, na sección adicada a esta cita.
Para facer máis cómoda a visita, o salón conta cun amplo horario que vai dende as once da mañá ás nove da noite, é dicir, dez horas ininterrompidas os tres días de feira, contandos ademais cun amplo aparcamento gratuíto
A Mostra naceu hai xa dazanove anos para ofrecerlle ó comercio minorista galego a oportunidade de liquidar os seus stocks, sendo a feira decana destas características en Galicia. Nesta edición presentarán ofertas moi especiais nun momento no que o mercado máis o demanda.
Silvia Prado (Coordinadora de Comunicación Expourense)