Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Lembranza ao escritor Carlos Casares no décimo aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, acompañou a familia de Carlos Casares no acto de homenaxe con motivo do décimo aniversario do pasamento do escritor. Familiares e amigos recordaron esta figura senlleira das letras galegas nun acto que tivo lugar no cemiterio de Nigrán, onde se realizou unha ofrenda floral e a lectura dun poema sobre a figura do autor.

Anxo Lorenzo destacou a importante contribución de Carlos Casares á cultura galega, a través da súa obra e tamén da súa traxectoria persoal, destacando o seu labor de ponte con outros territorios e culturas literarias.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén colaborando coa Fundación Carlos Casares para difundir e poñer en valor o legado do escritor a través da realización de diversas actividades culturais que leva a cabo a entidade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia